AS MINAS DE WOLFRAM DE NOCEDO DE RIBEIRA
por José Ramón, Iván e Valentina
Hai
sobre uns cincuenta anos máis ou menos, entre os anos 1940 e 1944, houbo unhas
minas nos montes de Nocedo (tamén as había en Fonte Arcada e Covelas), nas que
varios viciños traballaban nelas para gañar un soldo, xa que naquel entón non
había recursos, e nin tiñan onde traballar, a non ser que marcharan para o
estranxeiro.
Nas minas obtíñanse delas un mineral chamado wolfram, que
se adicaba especialmente para as municións do armamento das forzas
armadas, alén de para outras cousas.
Daquelas era a época da Segunda Guerra Mundial e había
dúas compañías portuguesas que se adicaban a comprar o wolfram.
O
meu avó foi un dos traballadores desa mina, e recorda isto como un valioso
tesouro, pois tiñan que buscar pedras de mineral ata de tres ou catro quilos,
ou en gramos, escarbando baixo terra.
A entrada da mina |
Unha mina a ceo aberto |
Entrada doutra mina |