ACTIVIDADES ESCOLARES

(Nerea, Elena e Pablo)

    ENTREVISTA Ó PROFE DE EDUCACIÓN FÍSICA

-¿Qué che parecen as actividades extraescolares?
-As actividades extraescolares parécenme ben, aínda que deberíanse facer máis e opino que a maioría das cousas cos nenos fóra da aula axudan enormemente ó desenrolo integral dos rapaces.
-¿Qué outras actividades extraescolares se deberían facer?
-Paréceme moi interesante facer unha saída polos distintos pobos do concello para que todos tiveramos a oportunidade de coñecer o lugar de que é cada un e o que hai de interesante no noso concello.
-¿Cal das actividades extraescolares che parecen máis interesantes?
-Gústame moito como se levou a cabo o entroido, posto que se fai conxuntamente cos colexios de Calvos e Baltar e ademais de maneira rotativa un ano en cada centro.

ENTREVISTA Á PROFE DE EDUCACIÓN INFANTIL

-¿Qué che parecen as actividades extraescolares?
-Encántanme, paréceme moi ben porque se rompe coa rutina de todos os días.
-¿Qué outras actividades extraescolares se deberían facer?
-Unha excursión por todos os pobos do concello para saber as cousas interesantes dos pobos.
-¿Cal das actividades extraescolares che gustaron máis?
-Gustoume moito a actividade do tren.

ENTREVISTA Á PROFESORA DE MÚSICA

-¿Qué che parecen as actividades extraescolares?
-Parécenme moi ben.
-¿Qué outras actividades extraescolares se deberían facer?
-Poderíase facer informática, outro idioma, e baloncesto.
-¿Cal das actividades che parecen máis interesantes?
-As actividades relacionadas coa lingua, a confección dun xornal, e o xadrez.