A LENDA DAS TRABES DE OURO EN LOURESES
por Brandon, ALberto e Lorena
No
pobo de Loureses, ó lado da capela de San Antonio, coméntase que había dúas
irmás. Unha delas, estando coas ovellas, atopou un fío, e comezou a turrar
del, pero non se remataba, e daquela principiou a facer un novelo. Ó terminalo
apareceulle unha trabe de ouro. Pero tendo xa o novelo feito, rompeulle, e
daquela, unha estraña voz díxolle:
-Desgraciada
de ti, acabas de perder a túa felicidade.![]()
Daquela desapareceu a trabe, e nunca máis se soubo nada dela.
Pasado
un tempo comentábase entre os veciños que naquel
lugar
existía unha trabe de outro e tamén outra de lume. Pero os veciños nunca
buscaron as trabes por medo a que aparecese a de lume en troques da de ouro. O
que nunca naide máis soubo nada foi daquel fío, nin sequera se conseguiu saber
exactamente algo do que foi daquelas trabes.
Capela do San Antonio Loureses |
O lugar posible das trabes |