A OPINIÓN
por IVÁN, DANI E JOSÉ ANTONIO

    Gústame que haxa música no colexio, hai algo que non me gusta como a clase sen calefacción. Tamén me gusta que se poida saír do colexio cando hai clases de solfeo e gaita polas tardes, e así pódese comprar algo no bar.

   Opino que deberían arranxar a billa da auga e as canastras de baloncesto para xogar, e alén diso pór unha saa de ordenadores para xogar nós no recreo. E por último que reparen as luces do patio pechado.

   A min non me gusta que non traian as canchas de baloncesto, por dúas razóns. Primeiro porque temos pelotas de baloncesto e só podemos botala. Segundo porque no deporte escolar hai baloncesto e sempre perdemos, agás nunha ocasión.