ACTIVIDADES ESCOLARES

(IONUT)

    A VIAXE A CORUÑA

    O mércores fomos a Coruña ó Acuario para ver os peixes e despois vimos unha película das focas, despois tamén fomos ver os polbos. Tamén fomos a tocar os caracois, pepinos de mar e ó final un tiburón e nos ensinaron como ven os peixes. Cando viñemos de regreso para a casa xogamos ó xadrez no autobús.

   O sábado vinteún fomos a Ourense ó Pazo dos Deportes, xogar ó fútbol, primeiro xogamos uns e despois outros, ó final acabamos perdendo cinco a dous. En maio e xuño fomos a natación, sómente se clasificaron José Ramón, Nerea e José Antonio para a final. Tamén en maio fomos a fútbol e quedamos empates, pero no baloncesto gañamos.