| A miúdo sucede que nos atopamos
cun formulario en formato pdf que se
pode cubrir na pantalla, e cando o imos a gardar cos datos cubertos, o
programa só nos deixa imprimilo en papel. Esto é debido a que case sempre usamos o programa "Adobe Acrobat Reader" para abrirmos os arquivos. Este programa ten claras intencións lucrativas, e ten limitadas algunhas das súas funcións para incitarnos a comprar algúns dos programas comerciais da mesma empresa. Existen programas Opensource, é dicir, de código aberto, gratuitos para o usuario que fan as mesmas funcións. Basta guglear un pouco para atopar algún. |
| Sen embargo, hai unha forma moi
simple de gardar os nosos formularios
cubertos sen ter que variar os nosos costumes. Chega con seguir estes simples pasos: 1. Descargar o programa "PdfCreator" da páxina www.pdfforge.org 2. Abrir o formulario co noso programa preferido, aínda que sexa "Adobe Acrobat Reader" 3. Cubrir o formulario. 4. Pulsar "Imprimir...", e na casiña de selección de impresoras, seleccionar "PDFCreator". A continuación, pediranos o nome do arquivo, tecleamos o nome que desexemos, e xa temos gardado o formulario cuberto. |