MAGOSTO 2002

As castañas son pequenas, de cor marrón oscuro e son do castiñeiro. O venres temos o magosto no colexio de Lobios. A él irán os profesores e os nenos. Faráse no San Roque e de menú haberá chourizos asados, bica e castañas. Todolos anos facemos o magosto. As castañas pódense comer asadas ou sin asar, das dúas maneiras saben ben, pero unhas están asadas e outras non. A castaña por dentro é dunha cor amarela.

Un día antes collo as castañas, ábroas para que non estoupen. Teño moitas e cómoas tódolos días asadas e sen asar. Ós meus pais gústanlles moito e ós meus irmáns tamén. Cando alguén da miña familia ven comer á miña casa por estas datas, temos de postre castañas. Na escola fixemos un mural con castañas, aramio e moitas cousas máis.

A min como máis me gustan son con leite e asadas. O outro día foi o Magosto no colexio, pero eu non puiden ir. As castañas veñen no outono. As árbores botan unha especie de bola amarela con pinchos que se chama ourizo. Dentro do ourizo están as castañas. As árbores polo outono cáenlles as follas, secan e póñense de cor marrón. O outro día fixemos en plástica un mural con follas secas, castañas, tela, caixas pequenas, bolas de papel hixiénico... Pasámolo moi ben facéndoo, anque nos comemos algunha das castañas. (Texto: Yago e Jonathan. 6º de Primaria. Debuxos: Claudia e Alex)

VOLTAR
O NADAL 2002
O Nadal deste curso 2002-2003 foi un nadal de moito traballo. Participamos en actividades moi divertidas, pero o que máis nos gustóu é o seguinte: Fixemos un fermoso festival coas nosas propias actuacións. Os nenos e nenas de Educación Infantil 1 vestíronse para a ocasión e ofreceron ó público unha actuación musical chea de cor, interpretando a canción “Mi estrella”. Os de Infantil 2 vestíronse de pastorciños de Belén para ofrecer ós asistentes unha fermosa obra de teatro chamada “O belén”. Despóis os de 5º e 6º tocamos coas nosas frautas e moita ilusión a panxoliña “Noite de paz”. Logo, os cursos 1º, 2º, 3º e 4º fixeron outra obra de teatro moi bonita chamada ¿Llegará la Navidad?. Seguidamente os profesores animáronse e cantaron para todos nós e ós asistentes a fermosa panxoliña “Adeste Fideles”. E como fin de festa xuntámonos todos no escenario (moi bonito, por certo) a cantar a marchosa panxoliña “En navidad”.

Fixemos entre todos un precioso Belén no que cada un de nós colocóu unha peza no sitio correspondente. Buscamos terra e coios polo patio e fixemos uns camiños polos que discorrían os pastorciños e os reis magos. Despóis, como nos foi imposible atopar musgo, puxemos un fermoso papel verde que imitaba á herba. Foi unha experiencia moi divertida.

VOLTAR

O ENTROIDO 2003
O día 28 de febreiro os nenos e profesores do colexio de Lobios celebramos o entroido. Houbo moitos disfraces: Os nenos de tres e catro anos disfrazáronse de “hippies” e os de 1º e 2º de lapiceiros. Os de 3º e 4º de zíngaros e 5º e 6º fixeron unha representación da contaminación no mar xunto cos nenos de cinco anos que ían disfrazados de algas, chapapote, auga, peixes... E os que quedamos de 5º e 6º fomos de mariñeiros. Tamén fixemos un barco enorme con cartóns e moitos complementos. Ó rematar o desfile no colexio fomos a merendar ó comedor xunto cos pais e nais que viñeron a vernos e colaboraron co colexio traendo postres típicos do entroido: filloas, orellas, tartas... Paula e María Rosa (as nosas grandes cociñeiras) preparáronnos unha chocolatada boísima. E así todos xuntos no colexio pasamos un día moi divertido. (Texto: Lidia, Sandra e Marcos, 6º).

VOLTAR

O DÍA DA PAZ
Como la PAZ no tiene idiomas, a pesar de ser un niño gallego voy a dirigirme a vosotros en castellano. Pensando en lo que podría decir hoy, he decidido compartir con vosotros algunos de mis pensamientos sobre los problemas comunes con los que todos tenemos que enfrentarnos como miembros de la familia humana. Por el hecho de habitar todos este pequeño planeta tierra, tenemos que aprender en armonía y paz entre nosotros y con la naturaleza. Esto no es solamente un sueño, sino una necesidad. Dependemos unos de otros en tal modo, que ya no podemos vivir en comunidades aisladas e ignorar lo que está ocurriendo fuera de ellas.

Debemos ayudarnos en las dificultades para que todos podamos vivir en equilibrio armónico y pacífico. Hoy en día somos verdaderamente, una familia mundial. Lo que ocurre en una parte del globo puede afectarnos a todos, por eso debemos afrontar cualquier situación con calma y de modo razonable, lo que nos proporcionará una paz interior, sin la cual por muy confortable quesea nuestra vida materialmente se puede estar inquieto, molesto e infeliz, pero ¿qué podemos hacer los niños para conseguir la paz?, os preguntáis todos; pues bien, mis compañeros os van a decir algunas cosas que si las hacéis, sin duda, estáis contribuyendo a hacer un mundo mejor. (A clase de 4º de Primaria).

VOLTAR

LETRAS GALEGAS 2003
Antón Avilés Vinagre naceu en Taramancos, preto de Noia, dunha familia agraria e mariñeira. Imposible contar aqui sequera un resume da súa biografia de emigrante: nos paises andinos foi labrador, contrabandista, cazador, traficante de cabezas reducidas, nunha vida de incrible novela. Baste dicir que antes da súa marcha tratou na Coruña cun grupo de xentes de esquerda e nacionalistas coas que traballou a reo pola recuperación do galego, e que os seus últimos anos volto das Américas, gañou a súa vida como taberneiro en Noia, e militou no nacionalismo cultural e político de esquerdas.

A súa obra poética iniciouse con As moradías do vento (1955), e A frauta y o garamelo (1959). Durante a súa estadía americana non tivo máis contacto co mundo literario galego ca algunha correspondencia con Salvador García-Bodaño, que fixo publicar en Gríal (1971) algúns seus novos poemas precedidos dunha noticia. Volto en 1980, publícase dous anos despois O tempo no espello, incluíndo os dous libros xa éditos e tres inéditos. En 1985 edítanse os Cantos caucanos, en 1989 As torres no ar, e -xa póstumo- "Última fuxida a Harar".

Poeta de verso férreo e cristalino, épico e elexíaco, Avilés de Taramancos constrúe unha poesía poderosísima, grandiosa e coral. O amor, a ira nacionalista, a nostalxia imposible do home de dous mundos, flúen cunha forza arrebatadora nos poemas dun home rabiosamente vital que amou sen mesura a vida, a patria, a liberdade, a materia. (Quitado de internet polos nenos de 6º).

VOLTAR

DEPORTE ESCOLAR 2002-2003
Xuntámonos cada pouco tempo cos rapaces de outras escolas para pasar unhas inesquecibles xornadas de deporte. A competitividade está patente nos encontros pero estamos convencidos e sabemos, que o máis importante de todo é a participación.

VOLTAR





GÚSTANOS FACER TEATRO
Como nos gusta facer teatro, aproveitamos as celebracións que hai o longo do curso para facelo . É divertido ,entretido, axúdanos a aprender a memorizar, fainos expresar con liberdade,e con él tamén sabemos o que é a disciplina e a importancia do traballo en grupo, valorando as nosas capacidades e as dos nosos compañeiros/as.

Comenzamos polo Nadal, este ano no Nadal os nenos e nenas de E.I., representaron a obra: “O BELÉN”. A obra conta que unha noite en Belén, cando todos están a durmir, escoitase de súpeto unha suave melodía, uns afirman que sí outros que non hai tal música, a confusión é moita nas xentes de Belén , ata que aparece o Anxo do señor para anunciarlles a Boa Nova.

Tamén lles tocou a representación os de 2º Ciclo de E.P. a súa obra “¿CHEGARÁ O NADAL?”, cóntanos como tódalas persoaxes protagonistas do Nadal (A ledicia, a felicidade, o ano novo, os Reises Etc...), pérdense aparecendo pechados nos muros de Todoparamín (o egoismo). Non poden escapar e temen que este ano non chegue o Nadal. Falan entre eles contando o que pasará si non consiguen escapar e leva-las súas mensaxes a xente.

Todoparamín tratará de que non cumplan a súa misión. Pero non no coseguirá. O final duas nenas derribarán os muros do egoismo. Os outros cursos participaron amenizando e complementando o festival con diferentes Panxoliñas e bailes. Continuamos co teatro, estamos a traballar preparando duas novas obras, de cara a participación no Certame de teatro do Concello de Bande. Participará o noso centro con dúas obras que serán representadas polos nenos e nenas de E.I. de 4 e 5 anos, e polos nenos e nenas de 3º e 5º Curso de E.P.

Os nenos/as de E.I. representarán “A treboada”. Na que contarán a historia de cómo chega a primavera e a ledicia que se produce entorno a ela. Pero esa ledicia verase empañada pola discusión entre o sol e a lúa . Pensan que cada un é mais importante despreciando o outro,o enfado do sol é tal que decide non volver sair, entón hai que buscar solucións para o detrastre que se aveciña.

Os alumnos/as de 3º e 5º , están a preparar unha adaptación teatral de teatro lido e o mesmo tempo representado por mímica, da obra de Antoine de Saint-Exupery, “O Principiño”. Nela van representa-lo momento en que ,o autor e narrador da obra, ten unha avería no deserto do Sahara a mil millas do lugar habitado mais cercan, polo que vai ser grande a súa sorpresa cando o esperta unha graciosa bocina, que lle pide que lle pinte un año. No seu aturdimento decobre a un pequeño mociño, que non anda perdido, nin ten fame, nin ten frio,só quere un año. A través del logra coñece-la súa flor, o seu planeta de orixe , e o seu raposo. E decobre algo demasiado importante o valor da amistade.

Remataremos así o noso traballo de teatro por este curso, pero podedes estar seguros que o vindeiro curso vcoltaremos con esta actividade, e teremos mais cousas que contarvos da mesma. ¡Ata logo!!!!!!!!!!!!!!!!!. (Conchita, titora de 3º).

VOLTAR

¿CÓMO FACER CARETAS PARA O ENTROIDO?
MATERIAIS: Vendas de escaiola, 1 bolsa pequena, outra de basura, tixeiras, lápiz, pinturas, goma elástica e auga.
PROCEDEMENTO:
1.- Cortar medidas de escaiola segundo a medida da nosa fronte.
2.- Colocalas nun plato coa parte rugosa cara abaixo.
3.- Pór auga nun recipiente.
4.- Pórse unha bolsa na cabeza e outra no corpo.
5.- Pór un anaco de papel na cara e deixar un burato para respirar.
6.- Comezar a poñer as vendas na cara en horizontal empezando pola fronte e cortar dous anacos pequenos.
7.- Ir facendo a forma da cara. procurando que queden á vista os cadrados.
8.- Quitala con coidado de abaixo cara a arriba.
9.- Poñer o nome na carouta.
10.- Marcar co lapiz ós lados da carouta e recortar ó redor.
11.- Debuxar os ollos e recortalos.
12.- Rematar con vendas os laterales, ollos e nariz.
13.- Debuxar co lapiz na careta o que queiramos pór.
14.- Colorear a careta, deformala, ou ben lixala e pintala de branco.
15.- Facer uns buratos a ambolosdous lados da mesma máis ou menos á mesma altura e pór unha goma elástica.

VOLTAR

CARTEIS E LEMAS
Os nenos e nenas de 1º ata 6º fixemos uns carteis co obxectivo do fomento do uso do galego. O título do concurso era “Entre nós”. Os nenos de 1º e 2º fixeron un cartel co lema ¿GÚSTACHE TER COUSAS?. ¡A LÍNGUA XA A TÉS!. Representado por Ana Isabel de 2º de Primaria.

Os nenos de 3º e 4º co lema de “TELO NA PUNTO DA LÍNGUA”, que foi representado por Mikael de 4º de Primaria. Os nenos de 5º e 6º co lema “QUE NON SE CHE TRABE, ¡FALA GALEGO!”, representado por Rosana. Cada grupo e cartel foi representado por o nome de un rapaz ou rapaza que participóu no mural. Os materiais empregados foron os seguintes: papel de seda, cartulinas, papel pinocho,,, (Rosana, Noelia, Diego, 6º).

VOLTAR