COMPUTERS // ORDENADORES
Neste novo curso ampliámo-las horas de informática para tratarmos de aunar os contidos curriculares convencionais con aspectos informáticos relevantes e así conseguir facer unha aprendizaxe o máis significativa posible. As áreas principais que traballan a informática paralelamente ás súas leccións son Educación Física, Música, Inglés e RElixión, así como Pedagoxía terapéutica. O resto das áreas reciben apoio externo en menor medida, pero progresivamente.
O MAGOSTO 2004
O magosto deste ano estivo, como case sempre, cheo de colorido e diversión. Fomos ós arredores da capela do San Roque e comemos chourizos e castañas, xogamos a xogos clásicos, populares, xogos de sempre. Pasámolo en grande. Tivemos un lume marabilloso acendido polos rapaces da Protección Civil do pobo de Lobios. Sen dúbida un día deses que non é doado esquencer.
PREPARANDO O NADAL 2004
Estamos moi axetreados estes días no colexio porque estamos a preparar a función de Nadal na que participamos tódolos nenos e nenas do colexio. A obra chámase UNHA ESTRELA MOI ESPECIAL e trata dun concurso da mellor estrela que guíe os reis magos cara o portal de Belén. Non che contamos mais, agardamos a túa presencia no salón de actos do cole o día 22 de Decembro.
É menester destaca-la participación da totalidade do alumnado na obra así como a banda sonora que corre a cargo dos nenos e das nenas de 5º e 6º de Primaria baixo a supervisión de catro das profesoras do cole. Non a perdas, merece a pena.
O BELÉN 2004
O belén este curso académico 2004-2005 foi colocado na entrada do colexio a diferencia do ano pasado. AS figuriñas son figuriñas convencionais pero o entorno do portal de Belén está convintemente decorado con herbiñas, pedriñas e garabuxiños que lle dan unha grande apariencia de realidade.
Agardamos que disfrutes das fotografías tanto como nós disfrutamos ó facelo.
O FESTIVAL DE NADAL 2004
Este pasado nadal do ano 2004 fixemos no noso colexio do Xurés unha función titulada "Unha estrela moi especial". Coa peculiaridade de que tódolos nenos e nenas da escola participaron na función representando un papel agás a meirande parte dos nenos de sexto e algún de quinto que se encargou da música baixo a batuta de profesora de música (mARÍA). A función -está mal que o digamos nós, pero bueno :)- foi un exito rotundo, conseguindo que a comunidade educativa ó completo que estivo presente como espectadora ofrecese unha quente ovación ó remate do acto. Perdoade a baixa calidade das fotos, pero están sacadas do vídeo feito polo profe de inglés (ten que facer un cursiño de video dixital). Ademáis dende esta WEB ténde-la posibilidade de visionar un fragmento da función grabada en vídeo tan só presionando AQUÍ. Tés que ter un chisco de paciencia, pois dependendo da túa conexión ó internet e do teu ordenador verálo máis ou menos depresa.
VISITA DA AUTORA DE "O REI DE NADA"
Tivemos a honra de contar no noso centro ofrecendo toda unha disertación literaria coa presenza da escritora Sabela Álvarez Núñez:
Profesora agregada de lengua y literatura gallegas en el Instituto de bachillerato Virgen del Mar, de Noia.
Miembro del colectivo F.I.G.A. hasta 1994, y hoy feminista independiente. Este colectivo promueve la publicación de la Revista Galega de Mulleres Festa da Palabra Silenciada, para potenciar la creación femenina y el pensamiento feminista.
Colaboradora de La Voz de Galicia, actualmente escribe crítica literaria en el campo de la Literatura Infantil y Juvenil en diferentes diarios y revistas.
Recibió el primer premio en el concurso "O Facho" 1979, con el cuento O rei de nada, el segundo premio en el mismo concurso en 1980 con A cova da serpe, y fue finalista del "Premio Nacional de Literatura Juvenil" en 1989 con O rei de nada e outros contos.
"O rei de nada"
Os habitantes dunha vila protestan perante o alcalde por non teren auga nin luz. Todo canto faí este é pedirlles trabucos e construír un castelo. A xente vaise e o alcalde convértese en rei... pero no reí de nada.
"Rocha e o sol"
Rocha ten que marchar co seu pai en busca de traballo a outro país onde o sol non quenta todo o ano. Rocha ten que volver ó seu país por non ser quen de atura-lo frío.
"Ela era unha princesiña"
A princesiña deste conto non quere casar, só quere ser astrónoma. Como ó reí isto non lle parece ben, acordou que casaría con quen atinase coa solución dunha adiviña.
"A cova da serpe"
Un mouro canverteu á nena Rosamoura en serpe e dixo que as terras secarían mentres a serpe alentase. Mariña, coa axuda dunha meiga, será a única capaz de desencanta-la serpe.
"Anoema"
Anoema ten un soño en que unha anémona, unha pelota e unha guitarra pulan por saíren dunhas caixiñas.