
ECUADOR
Ecuador é un país ó noroeste de América do Sul. Limita con Colombia ó norte e co Perú ó sul e ó leste. Ten costa no Océano Pacífico ó oeste. Independizouse de España en 1822.
A capital é San Francisco de Quito. O idioma oficial é o español. A moeda o dólar estadounidense.
Superficie: 256.370. O 4% é auga.
Poboación: 13.755.650
Renta per cápita: 3229 dólares

A cultura de Ecuador é mestiza. Mistura o europeo e o americano con elementos de orixe africano, herdados dos antepasados escravos.
Algúns aboríxenes da cunca do Amazonas todavía viven marxinados do resto da sociedade ecuatoriana.
Da música ecuatoriana destaca o Vallenato, moi escoitado neste país, sendo o seu cantante máis famoso Julio Jaramillo.
O atleta Jefferson Pérez obtivo tres medallas de ouro de Marcha nos campionatos do mundo, ademáis da medalla de ouro olímpica. O tenista Andrés Gómez gañou o torneo Roland Garros fronte a André Agassi. Alberto Spencer é o máximo goleador de tódolos tempos da Copa Libertadores de América de fútbol. Marcou ademáis 6 goles na Copa Intercontinental, sendo superado só por Pelé. A selección nacional de fútbol realizou un destacado papel no Mundial de Alemania 2006.
| Informes |
|
| Inundacións |
Febreiro 2008
|
| Erupción volcánica | Xaneiro 2008 |
| Inundacións |
Xuño 2007 |
| Erupción volcánica |
Xuño 2007 |
| Erupción volcánica |
Xaneiro 2007 |
| Erupción volcánica |
Outubro 2006 |
| Erupción volcánica |
Agosto 2006 |
| Inundacións |
Xullo 2006 |
| Inundacións |
Marzo 2006 |