Enquisa sobre a competencia lingüística
Nome:
A enquisa é anónima, se non queres dar o teu nome, invéntao. Este campo serve para as estatísticas.
Colexio:
Con esta enquisa preténdese recoller os descriptores máis tidos en conta polos mestres á hora de avaliar con respecto á competencia lingüística. Marca "sí" aqueles que consideras os vinte ou trinta máis importantes.
Chequeo da base de datos: OK
1. Comunicar a outra persoa, da maneira máis clara e educada posible, unha necesidade, un desexo, un sentimento, unha preferencia, unha demanda de axuda, un ofrecimento, unha idea.
si:
non:
2. Formular e responder a preguntas cara a cara de maneira precisa nos ámbitos cotiás da expresión oral (diálogo, conversación).
si:
non:
3. Saudar, despedirse, presentarse, excusarse, dirixirse a alguén, pedir permiso con fórmulas e tratamento adecuados.
si:
non:
4. Aportar información o máis ordenadamente posible sobre acontecementos, experiencias e puntos de vista.
si:
non:
5. Aportar información o máis ordenadamente posible sobre acontecementos, experiencias e puntos de vista.
si:
non:
6. Usar estratexias diversas para intentar comprender o que os demáis din (atender a sinais relevantes, como o ton de voz, entoación, as pausas, deterse ante as incomprensións, facer as preguntas que faga falta, sacar conclusións e ir verificando o que se vai entendendo).
si:
non:
7. Atender ás reaccións da persoa con quen se fala (xestos, mirada, seguimento do tema, atención que se presta) para saber cando se ten que emprezar a falar, cando se ten que calar, como ten que falarse.
si:
non:
8. Mostrar interese por expresar as ideas en público de forma coherente, relacionando unhas con outras, evitando demasiadas repeticións, non sendo contradicotorio, usando conectores adecuados.
si:
non:
9. Describir e definir as características básicas de obxectos, situacións, temas concretos.
si:
non:
10. Narrar ou explicar de maneira coherente e ordeada acontecementos da vida cotiá.
si:
non:
11. Expresar as opinións, os desexos, as necesidades persoais... con argumentos e convencemento.
si:
non:
12. Formar un xuízo crítico e ético.
si:
non:
13. Adoptar decisións.
si:
non:
14. Desfrutar escoitando, lendo ou expresándose de forma oral e escrita.
si:
non:
15. Desenvolvemento da autoestima e a confianza.
si:
non:
16. Habilidade para establecer vínculos e relacións construtivas cos demais e co contorno.
si:
non:
17. Construcións de relacións, en termos de igualdade, etnre mulleres e homes.
si:
non:
18. Eliminación de estereotipos e expresións machistas ou xenófobas.
si:
non:
19. Resolución pacífica de conflitos na comunidade escolar.
si:
non:
20. Ser consciente dos principais tipos de interacción verbal.
si:
non:
21. Ser progresivamente competente na expresión e comprensión das mensaxes orais que se intercambian en situacións comunicativas diversas.
si:
non:
22. Acompañar a expresión oral con outros elementos comunicativos non verbais, como a xesticulación, a mirada, a postura, o ritmo, a intensidade da voz, a entación ...
si:
non:
23. Utilización activa e efectiva das regras propias do intercambio comnicativo en diferentes situacións, para producir textos orais adecuados a cada situación de comunicación.
si:
non:
24. Tratar de falar cunha pronunciación correcta, cun ton respetuoso, co vocabulario adecuado e cun rexistro adecuado en situacións formais e informais.
si:
non:
25. Localizar en textos de lectura habituais (un libro da biblioteca, o diccionario, mapas, anuncios, libros de consulta) información suficiente para responder preguntas que se formulan.
si:
non:
26. Fixar unha información en forma de apuntes, esquemas ou comentarios escritos.
si:
non:
27. Facer unha interpretación, valoración, exposición resumida, etc do lido.
si:
non:
28. Usar os signos de puntuación e outras formas lingüísticas para organizar convenientemente as ideas mediante a confección de borradores, guións ou esquemas.
si:
non:
29. Ter claros uns obxectivos ou intencións ó ler un texto determinado (libro de consulta, folletos de propaganda, letreiros, diccionarios, cómics, libros da biblioteca), para axustar a lectura ás súas características.
si:
non:
30. Utilizar as estratexias correspondentes para buscar o tema e a idea principal de textos habituais, para facer un resumo xeral, para ober unha comprensión global.
si:
non:
31. Sacar proveito das imaxes e doutros indicios que acompañan un texto ou utilizar a imaxinación cando faltan, para asugurar unha mellor interpretación.
si:
non:
32. Recoñecer como diferentes os textos reais e os de ficcion, os textos con descripcións, narracións, exposicións, argumentacións, instruccións, os textos con listas...
si:
non:
33. Recoñecer a estructura ou xénero literario dun texto.
si:
non:
34. Controlar o proceso de lectura coa axuda de guías ou de indicación e usar recursos adecuados cando alguén se da conta que hai dificultades para a comprensión (fixarse ben no contexto, reler, consultar diccionario, contrastalo cos demais)
si:
non:
35. Compoñer textos de uso práctico para situacións comunicativas precisas (avisos, cartas, mensaxes persoais, noticias, murais, traballos nomográficos), seleccionando o máis importante que se quere comunicar.
si:
non:
36. Coñecer e aplicar estratexias básicas de corrección e mellora dun texto (reler o texto, revisalo ortográfica e gramaticalmente, consultar información e dúbidas, evitar repeticións).
si:
non:
37. Pensar que quere escribirse e por que antes de empezar a facelo.
si:
non:
38. Recoñecer situacións da vida cotiá para as que é máis adecuado escribir un tipo de texto que outro (para recordar información, para obxectivar a realidade, para coumicarse cos demais).
si:
non:
39. Dotar os textos narrativos, descritivos e expositivos das súas principais caracterísiticas gramaticais e estructurais.
si:
non:
40. Dar valor a unha presentación adecuada dos escritos persoais (limpos, ben distribuidos, intelixibles, respeitando criterios acordados, telos revisado).
si:
non:
41. Controlar de algún modo o proceso de escribir e utilizar recursos adecuados para mellorar a composición (non ir de presa, seguir pautas, consultar outras composicións, revisar, pedir axuda)
si:
non:
42. Escribir textos literarios, formularios, curriculum vitae, instancias, cartas, informes, carteis, mensaxes electrónicos..., atendendo ás súas caracterísitcas lingüísticas propias, tanto de contido como de formato.
si:
non:
43. Recoñecer a utilidade na vida cotiá de textos funcionais de tipoloxía diversa (como diarios, cartas, listas e follas, diccionarios, informativos, anuncios, programas, manuais de insturccións, guías ou planos, enciclopedias).
si:
non:
44. Recoñecer e valorar a importancia das bibliotecas, hemerotecas, internet e outras fontes de consulta, selección e contraste da información e fomentar o seu uso.
si:
non:
45. Procurar unha adecuada entoación, velocidade, pronuncia e ritmo cando se len textos habituais en voz alta.
si:
non:
46. Controlar o proceso lector para asegurar unha lectura máis correcta do que di o texto. (prepararse, manter a atención, manter unha velocidade adecuada, saber que facer ante palabras difíciles).
si:
non:
47. Ler cunha finalidade expresiva (historietas, noticias, poemas, cancións, etc.)
si:
non:
48. Ler para ampliar as posibilidades comunicativas propias.
si:
non:
49. Ler textos coa intención de gozar da súa lectura, ou de extraer información concreta.
si:
non:
50. Ler en público textos diversos, coa entoazón e o ritmo adecuados.
si:
non:
51. Ampliar as capacidades de atención, reflexión e receptividade na lectura.
si:
non:
52. Practicar técnicas e estratexias para captar a atención.
si:
non:
53. Darse conta de se se está comprendendo ou non o que se le.
si:
non:
54. Ampliar as posibilidades comunicativas con persoas doutras culturas ou doutras prácticas lingüísticas.
si:
non:
55. Darse conta das posibilidades lúdicas e expresivas da linguaxe en poemas, cancións, xogos de palabras, contos, publicidade, outras creacións literarias.
si:
non:
56. Aplicar estratexias para ampliar o vocabulario e os diversos coñecementos.
si:
non:
57. Seleccionar e aplicar determinados propósitos ou obxectivos ás accións propias da comunicación lingüística (diálogo, lectura, escritura...)
si:
non:
58. Aplicar espontáneamente as normas ortográficas básicas á hora de escribir.
si:
non:
59. Controlar o proceso de escribir para asegurar mellor a correcta escritura das palabras: manter a atención, dudar ante a ortografía de determinadas palabras, saber que facer cando se cometeu un erro, consultar...
si:
non:
60. Acostumarse a consultar os diccionarios para confirmar o significado ou a ortografía das palabras.
si:
non:
61. Tomar a lingua como obxecto de observación e de análise.
si:
non:
62. Expresar e interpretar diferentes tipos de discurso acordes á situación comunicativa en diferentes contextos sociais e culturais.
si:
non:
63. Expoñer os coñecementos aprendidos de forma adecuada ó contexto en que son solicitados (de acordo cun guión, espontáneamente, diante dos compañeiros, do mestre...)
si:
non:
64. Comprender , utilizar e valorar diferentes recursos lingüísticos de uso cotiá (comparacións, refráns, frases feitas...) segundo a situación comunicativa.
si:
non:
65. Entender o significado de símbolos e iconos básicos da vida cotiá (marcas, sinais de tráfico, símbolos relixiosos, iconos informáticos, lendas de planos e mapas).
si:
non:
66. Darse conta da importancia que ten o feito de escoitar ben ós demais: para saber cousas que poden interesar, para entender ben o que din e queren os amigos, familiares, mestres, adultos, para evitar malentendidos.
si:
non:
67. Dialogar cos demais utilizando estratexias que aseguren acomunicación: manter a atención, respeitar o turno de palabra, formular preguntas e respostas, pedir aclaracións se fai falta, intentar inferir no que queren dicir.
si:
non:
68. Recoñecer a utilidade de diversas técnicas (visuais, plásticas, iconográficas, telemáticas, audiovisuais, corporais), con vistas a mellorar a capacidade de expresarse e facerse entender.
si:
non:
69. Descubrir a importancia de outras formas de expresión gráfica ademais do escrito, para expresar idas e sentimenos, para comunicarse máis efectivamente ou de outras maneiras coa xente (técnicas plásticas, debuxos, imaxes, produccións audiovisuais, co ordenador...)
si:
non:
70. Ter concienca das convecións sociais, dos valores e aspectos culturais e da versatilidade da lingua en función do contexto e da intención comunicativa.
si:
non:
71. Capacidade de poñerse no lugar doutras persoas.
si:
non:
72. Capacidade de ler, de escoitar, de analizar e de ter en conta opinións distintas á propia, con sensibilidade e espírito crítico.
si:
non:
73. Capacidade de expresar adecuadamente – en fondo e forma – as propias ideas e emocións.
si:
non:
74. Capacidade de aceptar e realizar críticas con espírito construtivo.
si:
non:
75. Utilizar a lingua estranxeira para poder comunicarse enriquecendo as relacións sociais e desenvolverse en contextos distintos ao propio.
si:
non:
76. Respectar a maneira de expresarse das persoas que falan outras linguas que non son as habituais no contorno.
si:
non:
77. Utilizar as linguas para favorecer o acceso a máis e diversas fontes de información, comunicación e aprendizaxe.
si:
non:
78. Ler para coñecer outras experiencias e culturas – presentes e pasadas-.
si:
non:
79. Comprender e utilizar o galego e o castelán como linguas máis habituais.
si:
non: