Enquisa sobre a competencia social e cidadá

Nome: 
A enquisa é anónima, se non queres dar o teu nome, invéntao. Este campo serve para as estatísticas.

Colexio: 

Con esta enquisa preténdese recoller os descriptores máis tidos en conta polos mestres á hora de avaliar con respecto ás competencias. Marca "sí" aqueles que consideras os vinte ou trinta máis importantes.

Chequeo da base de datos: OK
1. Utilizar o coñecemento sobre a evolución e organización das sociedades e sobre os trazos e valores do sistema democrático.
si:   non:
2. Utilizar o xuízo moral para elixir e tomar decisións.
si:   non:
3. Exercer activa e responsablemente os dereitos e deberes da cidadanía.
si:   non:
4. Comprensión da realidade histórica e social do mundo, da súa evolución, dos seus logros e dos seus problemas.
si:   non:
5. Explicar o porque de nomes de rúas (prazas, paseos) do pobo ou da cidade.
si:   non:
6. Coñecementos e conciencia da existencia de distintas perspectivas ao analizar a realidade.
si:   non:
7. Axuizar os feitos e problemas sociais e históricos.
si:   non:
8. Recoñecer a presencia en Galicia de pobos que deixaron pegada nela.
si:   non:
9. Coñecer e describir acontecementos clave da historia de Galicia e España como pobo.
si:   non:
10. Reflexionar sobre os problemas sociais e históricos de forma global e crítica.
si:   non:
11. Realizar razoamentos críticos e loxicamente válidos sobre situacións reais.
si:   non:
12. Dialogar para mellorar colectivamente a comprensión da realidade.
si:   non:
13. Dialogar cos demais de maneira adecuada.
si:   non:
14. Entender os trazos das sociedades actuais, a súa crecente pluralidade e o seu carácter evolutivo.
si:   non:
15. Comprensión da achega que as diferentes culturas fixeron á evolución e progreso da humanidade.
si:   non:
16. Sentimento común de pertenza á sociedade en que se vive, compatibilizando cidadanía global con identidade local.
si:   non:
17. Identificarse como membro dunha familia e dunha comunidade.
si:   non:
18. Valorar a amizade e demostralo con comportamentos adecuados.
si:   non:
19. Habilidades sociais que permiten saber que os conflitos de valores e de intereses forman parte da convivencia.
si:   non:
20. Resolver conflitos con actitude construtiva e tomar decisións con autonomía empregando tanto os coñecementos sobre a sociedade como unha escala de valores construída mediante a reflexión crítica e o diálogo no marco dos patróns culturais básicos de cada rexión, país ou comunidade.
si:   non:
21. Valores de colaboración, compañeirismo e de solidariedade a través do deporte, e a súa aplicación a outros ámbitos da vida do alumnado.
si:   non:
22. Mostrarse sensible ó contorno (natureza, arte, cultura, etc.)
si:   non:
23. Aceptar e practicar normas sociais (referidas á saúde, hixiene, alimantación, protección e seguridade persoal.
si:   non:
24. Coñecer e respectar os referentes que manteñen a propia identidade como pobo (símbolos, lugares, monumentos emblemáticos, personaxes, institucións, tradicións).
si:   non:
25. Argumentar e xustificar a necesidade de conservación do patrimonio (paisaxe, bosques, montañas, praias, xardíns, monumentos, etc.).
si:   non:
26. Avaliar os valores do contorno e reconstruilos afectiva e racionalmente para crear progresivamente un sistema de valores propio e comportarse en coherencia con eles ao afrontar unha decisión ou un conflito.
si:   non:
27. Entender que non toda posición persoal está baseada no respecto a principios ou valores universais.
si:   non:
28. Coñecerse e valorarse.
si:   non:
29. Identificar as emocións propias (medo, rabia, tristeza, enfado, alegría, etc.) e as súas posibles causas.
si:   non:
30. Darse conta das propias actitudes.
si:   non:
31. Saber comunicarse en distintos contextos.
si:   non:
32. Saber expresar as propias ideas e escoitar as alleas.
si:   non:
33. Recoñecer as diferentes habilidades dos compañeiros de clase co fin de facilitar o o coñecemento propio.
si:   non:
34. Ser capaz de poñerse no lugar do outro.
si:   non:
35. Argumentar e entender razóns a favor e en contra de determinados comportamentos.
si:   non:
36. Valorar a honradez dos compañeiros.
si:   non:
37. Evitar unha actitude de crítica sistemática coas aportacións dos demais.
si:   non:
38. Darse conta de que pode haber diferentes puntos de vista dun mesmo feito, fenómeno ou problema, e qeu o que un pensa non é o que ten que pensar todo o mundo.
si:   non:
39. Tomar decisións nos distintos niveis da vida comunitaria.
si:   non:
40. Tomar decisións nos distintos niveis da vida comunitaria.
si:   non:
41. Valoración das diferenzas.
si:   non:
42. Rexeitar todo tipo de intolerancia e de discriminación por razóns de sexo, de raza , de clase, nacionalidade, relixión, etnia.
si:   non:
43. Práctica do diálogo e da negociación para chegar a acordos como forma de resolver conflitos.
si:   non:
44. Usar as convencións adecuadas nas relacións sociais (saúdos, presentacións, exposición de opinións, desexos e queixas)
si:   non:
45. Preferir participar (colaborar, axudar, aportar) a manterse ó marxe (por creerse pouco competente, por rexeitamento dos demais).
si:   non:
46. Saber que fai falla facer e comportarse como é debido en situación sociais (a rúa, lugares públicos, de ocio, de culto, espazos festivos, parques, museos, teatros, etc.) e comportarse adecuadamente (con respecto, interese, contriguíndo á limpeza, evitando degradación, facendo caso dos avisos, gozando do lugar e do momento).
si:   non:
47. Respectar as normas de convivencia (no centro escolar, na familia, na vía pública, nas actividades de lecer)
si:   non:
48. Tratar como iguais a todas as persoas, con dignidade e de maneira solidaria.
si:   non:
49. Coñecemento e comprensión dos valores en que se asentan os etados e sociedades democráticas, dos seus fundamentos, modos dde organización e funcionamento.
si:   non:
50. Reflexionar criticamente sobre os conceptos de democracia, liberdade, solidariedade, corresponsabilidade, participación e cidadanía,, con particular atención aos dereitos e deberes recoñecidos nas declaracións internacionais, na Constitucións española e na lexislación autonómica, así como a súa aplicación por aparte de diversas institucións.
si:   non:
51. Definir as principais características da organización da vida social.
si:   non:
52. Entender que as normas se fan para regular a convivencia.
si:   non:
53. Mostrar un comportamento coherente cos valores democráticos.
si:   non:
54. Diferenciar entre dereitos e deberes, saber que poden cambiar no tempo e que non son os mesmos en todas as sociedades.
si:   non:
55. Recoñecer e cumplir deretios e deberes.
si:   non: