|
ENTREVISTA Á DIRECTORA DO PARQUE Mª Dolores Rodríguez Fernández (Bióloga). Marzo 2002 PREGUNTA: ¿Canto tempo leva á fronte do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés?.
RESPOSTA: O 23 de Abril de 2001, fun designada pola Consellería de Medio Ambiente directora deste espacio natural protexido.
PREGUNTA: ¿ Cales son as súas tarefas fundamentais á fronte do Parque?.
RESPOSTA: Correspóndelle ó director a xestión do espacio , e en particular, a elaboración e proposta dos orzamentos anuais
A elaboración dos programas de xestión e maila execución e o desenvolvemento do plan rector de uso e xestión, aprobado por Decreto.
PREGUNTA: ¿ Con qué persoal especializado conta o Parque e cales son as súas funcións mais destacadas?.
RESPOSTA: Para colaborar na xestión do espacio e canaliza-la participación dos propietarios e os intereses sociais e económicos afectados formouse
unha xunta consultiva, órgano colexiado de carácter asesor e adscrito á Consellería de Medio Ambiente. O persoal que a compón é :
RESPOSTA: Dous gardas e 6 vixiantes son os que se encargan directamente de velar pola protección da natureza no Parque do Xurés. Contan con vehículos
todoterreo , emisoras, telescopios.
PREGUNTA: ¿ Qué especies faunísticas son exclusivas do parque, e cales son as especies protexidas?.
RESPOSTA: A nivel da comunidade autónoma galega atópanse especies incluídas na Directiva Habitat, algunhas delas catalogadas como vulnerables.
Actualmente están censadas máis de 30 especies de mamíferos e 140 aves. Entre elas destacan: o lobo, xineta, garduña, raposo, corzo, xabarin, miñato negro,
moucho real, moucho das orellas, falcón, aguia real, cóbrega bastarda e de escaleira.
PREGUNTA: Sabemos que se levan recuperado especies propias deste Parque tanto no que respeta á flora como á fauna. ¿ queda algunha por recuperar e
si é así cal é ,e en que plazo se ten previsto facer?.
RESPOSTA: Co respeto a fauna a Consellería de Medio Ambiente traballa na reintroducción da cabra do Xurés, o reforzamento da aguia real, a
recuperación do coello de monte, e a lebre. Especies propias do parque que non contan cun prazo fixo de tempo co respecto os traballos a executar para a
mellora da súa población. Son programas que anualmente vanse ampliando según os resultados acadados no ano anterios.
No referente a flora do parque tabállase na recuperación da cuberta vexetal característica desta comarca, que se sitúa nunha zona de transición entre dúas
grandes rexións florais europeas: a Eurosiberiana (provincia atlántica) e a Mediterránea (carpetano-leonesa). Carballos , sobreiras, xesta, urces brancas,
toxos , xaras, ruscos, albedros, e outras máis emblemáticas do Parque como Prunus lusitánica, Taxus baccata (teixo), ou o lirio do xurés.
PREGUNTA: Si se atopan cun animal ferido. ¿ Qué pasos siguen vostedes para a súa recuperación e posterior solta?.
RESPOSTA: Rápidamente condúcese o Centro de Recuperación de Fauna, do Servicio Provincial de Conservación da Natureza, situado
no Rodicio, Ourense.
Unha vez atendido polo persoal especializado (veterinario) e despois da súa recuperación procédese a súa solta, no mesmo lugar onde se atopou, de ser
posible.
PREGUNTA: No caso de que calquer persoa atope un animal ferido, ¿ qué debe facer?.
RESPOSTA: Levalo as oficinas do Parque, de tódolos xeitos existen unhos trípticos divulgativos con teléfonos de urxencias.
PREGUNTA: Sabemos que este é un Parque transfronteirizo, Cal é a principal colaboración entre vostedes é Portugal?. ¿ Que tipo de contacto hai con
Portugal para á conservación do mesmo?.
RESPOSTA: A través de reunións técnicas planteanse estratexias conxuntas de xestión coordinada con obxetivos comúns .
Desenvolvense programas conxuntos de flora e fauna, como o de recuperación de corredores verdes, a través de traballos en determinados curso fluviais de
interes para os dous parques, erradicación de invasoras leñosas (acacias), restauración da cuberta vexetal, a aguia real, o buho real, a lebre, ..., e outros
referidos a xetión do uso público e dos visitantes.
PREGUNTA: Respeto ós nenos do Centro escolar cos que vostedes veñen desenrolando durante estes anos diversas actividades, ¿ Cal é o seu obxectivo
fundamental?.
RESPOSTA: Lograr que os nenos valoren o entorno no que viven. Que se sintan orgullosos de ser os moradores do Parque Natural máis grande de Galicia e do parque Transfronteirizo máis grande de Europa. Que vexan os escolares portugueses como seus compañeiros; que esten deseosos de recibir a xente que ven visitar o seu Parque e que xurda neles a inquietude por coidar do seu entorno, dos valores naturais que este espacio natural protexido alberga. En resume, que sexan os mellores defensores da natureza. Utopía? |