
ETIOPÍA
Oficialmente República Democrática Federal de Etiopía. É un país situado no Corno de África. É o terceiro país máis poboado de África, despois de Nixeria e Exipto. Limita ó norte con Eritrea, ó noroeste con Yibuti, ó leste con Somalia, ó sul con Kenia é o oeste con Sudán.
Etiopía, ó contrario que os demáis países africanos, nunca foi colonizada, mantendo sempre a súa independencia, excepto entre 1936 e 1941, que estivo ocupada polos italianos.
É a segunda nación máis antigua do mundo que adoptou o cristianismo como relixión oficial despois de Armenia.
Superficie: 1.127.127 km cadrados, dos que o 0,7% é auga.
Poboación: 73.053.286
Renta per cápita: 859 dólares

Os cristiáns representan en Etiopía o 61,6% da poboación, os musulmáns son o 32,8%. Hay un 0,003% de xudeus.
A gastronomía de Etiopía consiste en varios entrantes e pratos de verduras ou carne, normalmente un guisado, sevido por riba de injera, que é un pan fino e alargado. Non usan carne de porco de ningún tipo, porque o Islam e a igrexa ortodoxa etíope prohíben comer esa carne.
Nos deportes, etiopía distínguese especialmente nas carreiras de fondo, nas que acadaron varias medallas de ouro.
| Informes |
|
| Sequía e crisis alimentaria |
Abril 2008
|
| Inundacións |
Abril, 2008
|
| Sequías |
Xaneiro 2008
|