HONDURAS

A República de Honduras é un país ubicado en América Central. Exténdese entre as repúblicas de Guatemala, El Salvador e Nicaragua e está bañada polo océano Atlántico e o Pacífico, onde ten un bo número de illas e caios.

A capital é Tegucigalpa e o idioma oficial o español. A moeda oficial é a lempira. A maior parte da poboación é católica.

Superficie: 112,492 km cadrados.

Poboación: 7,326,496

Renta per cápita: 2793 dólares.

En Honduras viven un 10% de persoas de raza branca, un 2% son negros, un 6% indíxenas e o resto son mestizos. A cultura de Honduras é moi rica por este motivo.

O pintos máis destacado foi José Antonio Velásquez. Fixo exposicións en Estados Unidos, Europa e Asia

Escritores famosos: Froylán Turcios e Ramón Amaya Amador.

O cardenal Óscar Andrés Rodríguez Maradiaga foi candidato a Papa trala morte de Juan Pablo II.

Entre os músicos máis notables: Rafael Coello Ramos, Lidia Handal, Victoriano López, etc.

O deporte máis practicado é o fútbol. José Cardona xogou no Atlético de Madrid, e David Suazo no Inter de Milán, sendo nomeado xogador estranxeiro máis valioso no Calcio en 2006.

Informes
Voluntarios da Cruz Vermella axudan a familias evacuadas en Honduras

Outubro 2006

Tormenta tropical

Novembro 2005

Huracán Wilma

Outubro 2005

Inundacións

Xaneiro 2003

Epidemia de dengue

Novembro 2000

Webquest