INDONESIA

Oficialmente República de Indonesia. É un arquipélago composto por 17508 illas, situado entre a península do Sudeste Asiático e Australia, entre os océanos Índico e Pacífico. Indonesia comparte con Malasia e Brunei a illa de Borneo, con Papúa Nueva Guinea a illa de Nova Guinea e con Timor Oriental a illa de Timor. aproximadamente 6000 illas están habitadas.

A capital é Yakarta, o idioma oficial o indonesio. A moeda oficial é a rupiah.

Superficie: 1.919.440. O 4,85% é auga.

Poboación: 245,452,739

Renta per cápita: 1824 dólares

As formas da arte en Indonesia foron influenciadas por distintas culturas. As famosas danzas de java e balinesas, por exemplo, conteñen aspectos da cultura hindú.

Aproximadamente o 80% da poboación é musulmana, o que convirte a Indonesia na maior nación musulmana do mundo. O 20% restante son católicos, protestantes, budistas e hinduístas.

O deporte nacional é o Pencak-Silat, que é unha arte marcial, e na que Indonesia é a maior potencia do mundo.

Informes

Inundacións en Sumatra
Xaneiro 2008
Terremoto
Xaneiro 2008
Inundacións en Yakarta
Xaneiro 2008
Erupción volcánica
Xullo 2007
Terremoto e tsunamis
Xaneiro 2007
O tsunami arrasa Indonesia

Xullo 2006

Webquest