
KENIA
É un país no leste de África, que ten fronteiras con Etiopía ó norte, Somalia ó leste, Tanzania ó sul, Uganda ó oeste e Sudán ó noroeste, co Océano Índico bañando a súa costa surleste. A capital é Nairobi. Os idiomas oficiais son o swahili e o inglés. A moeda oficial é o chelín keniata.
Superficie: 582.650 km cadrados. O 2,3% é auga.
Poboación: 34.707,817
Renta per cápita: 1519 dólares.

A cultura de Kenia é moi diversa, debido ás grandes diferencias entre os grupos étnicos que conviven no país. A influencia da colonización británica maniféstase sobre todo no uso da lingua inglesa para o comercio e a cultura.
A maior parte da literatura está en inglés, aínda que algúns autores, como Rocha Chimera, fixeron do swahili a súa lingua. Ngugi sa Thiongo comezou escribindo en inglés, pero agora escribe en kikuyu. Outros escritores importantes, en inglés son Meja Mwangi, M.G. Vassanji, Grace Ogot, Wahome Muthahi e Binyavanga Wainana, gañador do premio Caine no ano 2002.
En Kenia está a tumba de Robert Baden-Powell, fundador do escultismo mundial.
| Indonesia |
|
| Sequía e crisis alimentaria |
Abril 2008 |
| Intervención da Cruz Vermella fronte á crisis en Kenya |
Abril 2008
|