O Colexio de Educación Infantil e Primaria de Lobios conta con cinco unidades repartidas da seguinte maneira: dúas de infantil, na que aprenden nenos dos tres ciclos da educación infantil. Hai nenos de tres anos, nenos de catro anos e nenos de cinco anos. Unha de primeiro ciclo de educación Primaria, outra de segundo ciclo da primaria. Por último, hai unha unidade de terceiro ciclo de Primaria. Somos un total de cincuenta rapaces e rapazas. O equipo de mestres está formado por un mestre tutor para cada curso, un mestre de Educación Física, un mestre de língua inglesa, unha mestra de Relixión Católica, un mestre de Música, unha mestra de Audición e Linguaxe e, de vez en cando, vennos a visitar o Orientador Escolar. O corpo directivo está formado pola directora. As nosas instalacións son completísimas. Dispomos dun amplo comedor, unha sala de psicomotricidade, un salón de actos (co seu palco e todo) adosado ó comedor, un amplo patio, un ximnasio, un campo de fútbol, unha grande sala de ordenadores e audiovisuais, unha biblioteca, unha aula de pedagoxía terapéutica, un laboratorio de ciencias que fai as veces de aula de plástica, unha fermosa aula de música, un aula de Inglés, un aula de relixión, un aula de audición e linguaxe e unha sala de profesores.
|