
Tíbet
O Tíbet é unha rexión autónoma do sudoeste de China, enclavada na Asia Central. A capital é Lhasa. É unha terra moi elevada sobre o nível do mar (máis de 4500 m).
A poboación é sobre todo budista, aínda que a porcentaxe de relixiosos disminuiu dende que foron invadidos por China. A lingua máis usada é o tibetano. No Tíbet está a montaña máis alta do mundo, o Everest. a moeda oficial é o yuan chino.
Superficie: 1.222.000, a cantidade de auga é moi pequena.
Poboación: 6.000.000
Non existen datos da renta per cápita, pero a poboación é pobre.

A causa da altitude e das duras condicións ambientais, a gastronomía é moi rica en calorías, proteínas e graxas. Os dous alimentos principais son a tsampa, que é fariña de cebada tostada e o té tibetano (chas), que leva mantequilla de yak e sal. Outros pratos son o thug-pa (sopa de verduras, carne e pasta) e os momos (pasta parecida ó ravioli) rechea de carne ou verdura. Tamén son populares os khabse (galletas). A carne de yak, de ovella e de cabra están habitualmente nas mesas. O laxi é un yogur batido con mel e carne de boi.
O Dalai Lama é o lider do Tíbet, aínda que non pode vivir alí pola persecución que sofre por parte de China. En 1989 recibiu o Premio Nobel da Paz en recoñecemento os seus esforzos pola paz nos conflictos entre o Tibet e China. En 2007 recibiu a medalla de ouro do Congreso dos Estados Unidos.
O Tíbet non está recoñecido internacionalmente como país independente, senón que se considera unha rexión de China. Sen embargo, os tibetanos defenden esa independencia, o que provoca numerosos conflictos con China, que mantén a presencia do seu exército no Tíbet de maneira permanente.