PERÚ

Oficialmente é a Rebública del Perú. É una país situado ó lado occidental de Sudamérica. Limita ó norte con Ecuador e Colombia, polo leste con Brasil, polo surleste con Bolivia, polo sul con Chile e polo oeste co Océano Pacífico.

Perú albergou á civilización de Caral, unha das más antigas do mundo, así como ó Imperio INca, o estado máis grande da América antes da chegada de Cristobal Colón. España conquistouno no século XVI. Independizouse en 1821.

A cultura do Perú fusiona principalmente as culturas inca e a hispánica, ademáis doutras coma a amazónica.

A literatura peruana ten o seu orixe na obra Ollantay, que foi escrita en tempos dos incas. Despois destacou o Inca Garcilaso de la Vega, cos seus "Comentarios Reales de los Incas". Actualmente destacan César Vallejo e Mario Vargas Llosa.

A música do Perú é o producto de tradición de moitos séculos. Existen varios estilos: a andina, a criolla e a amazónica.

A cociña peruana ten o récord Guiness á maior variedade e diversidade de pratos típicos do mundo. Gracias á herencia dos incas, da cultura do amazonas, de España e de África. Tamén ten influencias da cociña francesa, china, xaponesa e italiana. Hai máis de dúas mil sopas e 250 postres tradicionais. Os pratos máis representativos son o cebiche, a pchamanca e o juane. O pisco é unha bebida moi popular. A chicha de jora, feita de millo é un licor tradicional da serra, e bébese na festa de San Xoán. A Incacola, que é un refresco véndese máis que Cocacola ou Pepsi.

O fútbol é o deporte máis practicado, pero Perú destaca máis no voleibol femenino, deporte no que acadaron a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl, no ano 1988. Edwin Vásquez gañou a medalla de ouro de tiro nos Xogos Olímpicos de Londres, en 1948. En surf, Perú conta cos campións do mundo Felipe Pomar, en 1965 e Sofía Mulánovich en 2004 e 2005. En xadrez, Julio Granda e Emilio Córdova son os xogadores máis importantes, os dous teñen o título de Grandes Mestres Internacionais de Xadrez.

 

Informes

Terremoto Febreiro 2008
Grande terremoto provoca terribles danos Agosto 2007

Webquest