REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO

 

A República Democrática do Conto é un país de África central, chamado anteriormente Zaire entre os anos 1971 e 1997. Situado na zoa dos grandes lagos de África, é o terceiro país máis grande do continente. Limita coa República Centroafricana e Sudán ó norte, Uganda, Ruanda, Burundi e Tanzania ó leste, Zambia e Angola ó sul, e a República do Congo ó oeste. Teñen acceso ó mar a través dunha estreita franxa de 40 km. de costa, seguindo o río Congo ata o golfo de Guinea.

A capital é Kinshasa, e o idioma oficial o francés. Tamén se falan o lingala, o kikongo, o swahili e o tshiluba. A moeda oficial é o franco congoleño.

Superficie: 2.345.410 km cadrados. O 3,3% é auga.

Poboación: 60.764.490

Renta per cápita: 675 dólares

A República Democrática do Congo posee unha enorme diversidade cultural, reflexo dos centos de razas e das distintas formas de vivir no país; dende a desembocadura do Río Congo na costa, pasando pola selva e a sabana no centro, ás moi poboadas montañas no leste. As formas de vida tradicionais cambiaron debido ó colonialismo e as dúas guerras do Congo. A pesar de tódolos conflictos, os costumes e a cultura do Congo lograron permanecer. A maior parte dos habitantes viven no rural. o 30% viven en cidades. No Congo fálanse aproximadamente 242 linguas, das que soamente catro son oficiais.

Informes

Inundacións en Kinshasa Abril 2008
Cólera en Katanga Marzo 2008
Terremoto en Kivu do Sul Febreiro 2008
Aumentan os casos de cólera na República Democrática do Congo.
Xuño 2003
Os voluntarios non se asustan ante o brote de ébola.
Marzo 2003
A Cruz Vermella de Uganda axuda a miles de persoas.
Marzo 2003

Webquest