TODO O SOFTWARE DISPOÑIBLE É ORIXINAL DE JORGE E. BÓVEDA
LA CASA DEL MIEDO
Divertida aventura gráfica feita con neobook na que terás que introducirte nunha casa encantada para recupera-lo teu nome. Terás que actuar dentro das habitacións respostando as preguntas que se che fagan. (Apto para o terceiro ciclo da Primaria. Idioma: castelán) BÁIXAO;BAIXA UN MANUAL DO XOGO
HOW ABOUT...?
Sinxelo xogo para medir os teus coñecementos sobre o presente simple da língua inglesa. O programa, fai unha serie de preguntas e ó remate avalía o teu coñecemento. (Apto para o terceiro ciclo da Primaria. Idioma: inglés) BÁIXAO;BAIXA UN MANUAL DO XOGO
DRESS THE CLOWN
Entretido xogo no que terás que axudar ó paiaso Magic-Clown a se vestir para vir ó colexio do Xurés. Está feito en flash e pódelo baixar ó teu disco duro ou xogar on-line.(Apto a partires do segundo ciclo da Educación Infantil. Idioma: inglés) BÁIXAO;XOGA ON-LINE
ESPACIO SIDERAL
Xogo de naveciñas espaciais, feito con Gamemaker, no que terás que afinar a túa puntería navegando a bordo do "carroleiro-4" unha nave que te levará nunha misión interestelar chea de perigos. (Apto a partires do primeiro ciclo da Primaria. Idioma: castelán) BÁIXAO;podes ver un manual durante o xogo se preme-la tecla F1
MINIBUS
Aplicación multimedia feita con Powerpoint que homenaxea ó simpático personaxe do libro de inglés do primeiro ciclo de primaria. Preséntache ós seus amigos e ensínache tres bonitas cores. (Sen permiso de Heineman Mcmillan, Idioma: inglés) BÁIXAO;para xogar tes que ter instalado no teu PC o programa Power Point
OPERADORA
Vistoso programiña para facer operacións aritméticas en liña. Pódeslle plantexar longas series de sumas, restas, multiplicacións e divisións. (Recomendado a partires do terceiro ciclo da Primaria.)
Funciona sobre un pequeno encerado, proba a pinchar co rato en calquer sitio do mesmo. Está cheo de sorpresas. BÁIXAO
MY CLASSROOM
Aplicación multimedia feita con PowerPoint que te axuda na aprendizaxe do vocabulario referente ó material que nos rodea dentro da aula. (Apto a partires do primeiro ciclo da Primaria. Idioma: inglés) BÁIXAO; lembra que che compre ter instalado no teu PC o programa Powerpoint.
O PICAGLOBOS
Entretido xogo no que terás que afinar a túa puntería para picar tódolos globos que poidas no patio do colexio Xurés de Lobios. Ideal para aprender a manexar o rato.(Apto a partires do segundo ciclo da Educación Infantil. Idioma: galego) BÁIXAO;XOGA ON-LINE
OPERADORA
Vistoso programiña para facer operacións aritméticas en liña. Pódeslle plantexar longas series de sumas, restas, multiplicacións e divisións. (Recomendado a partires do terceiro ciclo da Primaria.)
Funciona sobre un pequeno encerado, proba a pinchar co rato en calquer sitio do mesmo. Está cheo de sorpresas. BÁIXAO