C.E.I.P.Eladia Mariño
Os contos como actividade motivadora

"Cuando yo te cuento un cuento te veo escuchar contento"

"Cuando yo te cuento un cuento miro y siempre aqui te encuentro"

O grupo internivelar de mestres de Educación Infantil e Primaria,que están a traballar en diferentes aspectos do currículo dende hai uns anos, propúxose o curso anterior, traballo que continuará durante este,un novo reto: a confección de contos como material motivador para os nenos

Os contos educan a afectividade dos nenos, axúdanlles a desenrolar a imaxinación literaria e danlle-la posibilidade de relacionarse coas súas tradicións culturais.

Os contos deben ocupar na vida dos nenos un lugar privilexiado, xa que son unha forma importante de recreación e desempeñan un papel fundamental no crecemento psicolóxico, intelectual e espiritual, pola riqueza que ofrecen.

Contar, narrar,ler,..,un conto é comunicar sentimentos por medio de palabras.Calquera que teña gañas, pode facelo e permitirse, xunto cos nenos, entrar e saír do mundo maravilloso da fantasía.Vence ós prexuicios, o temor ó ridículo e a timidez, coa práctica...

Os materiais deseñados aplicáronse nalgunhas aulas do Centro.Aproveitando a Semana do Libro fíxose unha exposición de ditos materiais, e o último día da Semana os nenos de cada nivel prepararon un conto que presentaron ó resto dos seus compañeiros.O resultado pódelo ver na seguinte reportaxe