NOVO BLOG DA ANPA DO CHOUZO

A ANPA do noso colexio vén de crear un novo blog para seguir mellorando na información, principalemente ás familias pero tamén ao resto da comunidade educativa. Dámoslle a benvida e desexámoslle que sexa unha nova canle de información e colaboración co Colexio.

Acceso: http://chouzoanpa.blogspot.com.es/

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2012 (4º EDUCACIÓN PRIMARIA).

Datas de realización: 23 e 24 de maio.

Competencias a avaliar: Matemática, Coñecemento e interacción co mundo físico e Lingüística.

Circular informativa para as familias.

Menús no comedor escolar para o mes de MAIO

Máis información na Secretaria Virtual (Comedor)

PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPALES ESCOLARES PARA LIBROS E COMEDOR. CURSO 2012-2013

A CONCELLERÍA DE POLÍTICA DE BENESTAR do CONCELLO DE VIGO abrirá o prazo para solicitar axudas para libros (E. Infantil) e comedores escolares para E. Infantil, E. Primaria e E. Secundaria Obrigatoria. As solicitudes presentaranse do 2 ao 16 de maio (ámbolos dous incluídos) nas Unidades Básicas de Acción Social. 

Convocadas 510 prazas para 6º E. Primaria para campamentos de inglés (GALICIA).

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.495 prazas para 6º E. Primaria, ESO e Bacharelato para actividades de formación en linguas estranxeiras, para o verán 2012. Prazo de presentación de solicitudes do 6 de marzo ata o 7 de abril (ambos incluídos).

MATRÍCULA 2012-2013. DÍAS E HORARIO DAS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS.

28 DE FEBREIRO (martes) :     10.00 h. - 12.30 h. - 16.30 h.

29 DE FEBREIRO (mércores):  10.00 h - 12.30 h.

1 DE MARZO (xoves):             10.00 h. - 12.30 h.

Información, impresos e calendario na Secretaría Virtual.

NOVAS ALTAS NO SERVIZO DO COMEDOR (FEBREIRO)

Publicado no taboleiro de anuncios o listado coas novas altas do comedor. Lémbrase que para formalizar a matrícula é necesario presentar na Secretaría do Centro, ademais da ficha cos datos do alumnado, a autorización para a domiciliación dos recibos para empresa ALESSA, encargada da xestión do comedor.

O COLEXIO ASINOU COA CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN UN CONTRATO PROGRAMA PARA A MELLORA DO ÉXITO ESCOLAR

O noso colexio vén de asinar o pasado 17 de xaneiro UN CONTRATO PROGRAMA na modalidade de ORIENTACIÓN, REFORZO E APOIO (substitúe ao antigo PROGRAMA PROA), subvencionado pola Conselleriía de Cultura e Educación, co obxectivo de acadar mellores resultados académicos e expectativas do alumnado que presenta dificultades e problemas de aprendizaxe en relación co hábito de estudo, planificación e aprendizaxe das áreas instrumentais básicas (matemáticas e linguas). O curso pasado desenvolveuse para alumnado de 5º e 6º de E. Primaria e este ano amplíase a 3º e 4º.