Colexio Froebel / Scuola Secondaria di 1º Grado Cavour de Catania ( Sicilia-Italia )

Este proxecto de intercambio, iniciado no curso 1999/00 vénse desenvolvendo cada curso.

Realízase sempre dentro dun marco teórico dun tema específico, cumplindo varios obxectivos: uns de carácter propiamente educativo e cultural e outros relacionados coa diversidade cultural e o coñecemento de novos horizontes que posibiliten a idea dunha Europa única.

Durante o curso o alumnado realiza actividades referentes ao tema acordado, ao coñecemento das respectivas cidades, comunidades e países, ás actividades habituais de cada Escola, correspondencia  a través de Internet.

 Aprendizaxe das linguas italiana e española en horario escolar e extraescolar.

Durante as visitas conviven coas familias, asisten a clase e visitan lugares de interés.

Volver