O noso contornoO contorno da escola inclúe na actualidade o antigo Arrabal da Moureira, os barrios de San Roque e Santa María, a Alameda e parte da rúa Riestra. Pontevedra era un burgo camiñante e mariñeiro, unha parte protexido e amparado pola muralla, esencialmente eclesiástico, nobiliario e mercantil e outra exterior de exclusiva dedicación mariñeira e pescadora chamado Arrabal da Moureira . Dos tres campos que tiña, o de Santo Domingo situado no noso contorno, tiña no seu interior unha "lameda cerrada" de carballos e acacias con vistas á Ría. O primeiro muelle da vila foi a Ponte sobre o Lérez. Nese tempo había tamén numerosos peiraos de pedra nos que a flota pesqueira descargaba as colleitas do mar. Seguindo a liña dese mar foise erguendo o caserío pouco urbanizado e sen ostentacións con pilas de salar e fumeiros para seca-la pesca. No século XVI Pontevedra tivo un intenso dinamismo económico gracias as explotacións que se facían dende o seu porto, permitindo ampliar muelles e peiraos, restaurar igrexas, reparar camiños e a vella ponte medieval. Obra deste tempo é a basílica de Santa María.
AS RÚAS RÚA DE XAN GUILLERME
|