PROXECTO
" ECOLOCIO"
Proxecto
trianual.
Trátase dunha
proposta educativa centrada na educación do consumidor. Desenvolvese
transversalmente nas diferentes áreas do currículo de Primaria e na E. Infantil.
Ao longo dos
tres cursos traballase sobre ecoloxía e consumo, ocio e tempo libre,
tecnoloxía e consumo.
Obxectivos:
-
Contribuír
ao desenvolvemento integral de alumnas e alumnos dotándoos
de conceptos, procedementos e actitudes que posibiliten a construcción duna
sociedade de consumo cada vez máis xusta, solidaria e responsable, capaz de
mellorar a calidade de vida de todos os cidadáns sen deteriorar o contorno.Concienciar
ao alumnado da importancia dun consumo responsable como medio de garantir un
desenvolvemento sostible acorde coas posibilidades medioambientais.
-
Posibilitar a adquisición de conceptos sobre a súa condición de
consumidor, dereitos, obrigas e
mecanismos dos que dispón para actuar como consumidor informado.
Dotar a alumnas e alumnos de procedementos que lles permitan o uso de
bens e servicios, a autonomía na elección e na resolución de problemas.
-
Crear
entornos de aprendizaxe abertos e motivadores que reforcen os lazos coa
sociedade. Identificar obxectos e recursos tecnolóxicos no medio, valorar a súa contribución
a satisfacer determinadas necesidades humanas, adoptando
posicións favorables a que o desenvolvemento tecnolóxico se oriente hacia
usos pacíficos e a unha maior calidade de vida.
-
Educar
cidadáns europeos tolerantes e sensibles á problemática medioambiental.
Volver

|