Proxecto
que se desenvolve neste Centro dende o ano 1990.
Nos
primeiros anos elaboráronse materiais para o alumnado referentes ao Almorzo,
Hixiene persoal, Tabaco e Alcohol, Seguridade e Primeiros Auxilios, Comunicación
e Consumo, Afectivo-Sexual. Igualmente propostas de actividades de colaboración
para nais e pais.
Dende
o ano 1995 a Escola pertence á Rede Europea de Escolas Promotoras de Saúde,
e como tal aspira a capacitar ao alumnado, persoal docente e non docente, e á
comunidade á que serve, para que leven a cabo accións encamiñadas a lograr
unha vida, unha escola e unha sociedade máis saudable.
Ser
unha escola promotora de saúde implica:
· Fomentar en alumnas e alumnos o coidado de si mesmos e o
desenvolvemento da autoestima.
· Coidar da calidade das relacións entre as persoas.
· Aprender a alumnas e alumnos a protexer e coida-lo contorno.
Pódese consultar en:
XERMOLAR
nº 5 ( Maio 2000 ) Monográfico Seminarios Permanentes. Pontevedra. Ed.
CEFOCOP
SANTOS REGO, M.A. (2000 ) A Pedagoxía dos Valores en Galicia. Parte IV:
Transversalidade e currículo: operando cos valores nas escolas de Galicia,
pp.357. Santiago. Ed. Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago.
Proxecto Valora-Saúde
Proxecto " Con bo proveito " iniciado no curso 2006/07
Volver