Varios
correo

"Xoga e aprende connosco"

Actividades Educativas con JClic para Ed.Infantil e 1º Ciclo de Ed.Primaria

Actividades multimedia educativas realizadas co programa gratuíto JClic para nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º Ciclo de Ed.Primaria. Subvencionadas polo Ce.Fo.Re. de A Coruña (Curso 2005/06) e desenroladas nun Grupo de Traballo formado por profesorado do C.E.I.P. Galán (Oseiro - Arteixo - A Coruña):

- Soledad Lorenzo García

- Amelia Maceiras Teijeiro

- Ana Isabel Lojo Pérez

- Mª del Carmen Facal Traba

- Carmen Pardo Maceiras

E coa colaboración de:

- Luis Otero Cebral (mestre do CEIP Concepción Arenal de A Coruña)

- Francisco Pernas Prieto (Relator)

- Gerardo Nistal Martino (Asesor do Ce.Fo.Re.)

Para a realización destas actividades, partimos dunhas previas realizadas con Clic 3.0 nun P.F.A.C. (Proxecto de Formación...) que  funcionou  durante o curso 2002/03 no mesmo Centro.

 Se queres máis información sobre o programa JClic, podes visitar:  http://clic.xtec.net/es/jclic/index.htm

  É aconsellable que leas instruccións (.pdf) necesarias para utilizalas. Especialmente a primeira vez:

 - Instruccións para executa-las actividades

Actividades para Ed.Infantil

"Catro paquetes de actividades cos que se pretende, a través
de imaxes, un achegamento ó coñecemento de animais e árbores
propios da nosa Comunidade, así como un primeiro contacto co
mapa e os símbolos de Galicia (bandeira e escudo)."

A nosa comunidade

 

O noso mar

 

As nosas fragas

 

As nosas granxas

 

 

 

 

       Actividades para 1º Ciclo de Ed.Primaria

"Está formado por sete paquetes de actividades. Nos seis
primeiros hai textos con actividades para traballa-la
comprensión, recoñecer familias de palabras, etc...
O sétimo -"As sílabas"- está composto á súa vez por catorce
paquetes de actividades que traballan os grupos consoánticos
que poden ofrecer dificultades ó alumnado na súa pronunciación
e recoñecemento."

Este último ("As sílabas") é o que contén o maior número de actividades. Polo tanto, é o que máis tarda en executarse. Ten paciencia coa súa execución. 

A galiña

  Galicia   O barco   O feirón de Arteixo

     
O parque   O sombreiro   As sílabas