CONCURSOS


 

 
Nesta páxina aparecerán escritas as bases e as condicións dos concursos que promova a biblioteca.
Lembrade que o curso pasado a biblioteca propuxo un concurso de debuxos de monstros, e outro para elexir unha nova mascota para a biblioteca. Para conmemorar o día do libro fíxose unha exposición colectiva de debuxos e comentarios "O meu libro preferido".
Ao longo do curso lanzaremos mais propostas de participación.
Non fai falta ser un artista para participar, bastará con que queirades participar noutras exposicións colectivas e mostrar aos compañeiros as vosas produccóns.
Aquí, nesta páxina tamén poderedes ver algunha das obras participantes, así como as gañadoras ou as seleccionadas.

 

CELEBRA O ANIVERSARIO DE TINTÍN E ASTÉRIX

 

Para celebrar o aniversario destes personaxes a biblioteca proponvos as seguintes actividades:

1ª. ADIVIÑA QUEN SON:

No panel da entrada hai diferentes personaxes que acompañan a Astérix e a Tintín nas súas aventuras. Anota nun papel o seu nome xunto ao seu número e bota as respostas na caixa de correos.

 

2ª. INVESTIGA A FONDO:

Visita a páxina "Datas para celebrar" e despois a páxina "Os enigmas de Tomoski" . Escribe as respostas e envíalas.

 

3ª. VIAXES S.A.:

Colle un dos mapas que encontrarás na mesa de fóra da biblioteca e localiza os lugares onde naceron Astérix e Tintín.

 

IMPORTANTE:

Non esquezas poñer o teu nome e curso en todo o que botes á caixa de correos.

DATA LÍMITE:

Venres 29 de Xaneiro

 

Un saúdo

Señor Tomoski

Os gañadores do concurso de Astérix e Tintín foron os seguintes:

A aula de 5ª de Infantil que fixeron as probas en grupo.

Desiré Rivero Alfonsín de 2ºC

Xoan Riveiro de 3ºC

Adji Aston Kane Diallo de 6ºA