TINTÍN CUMRE 80 ANOS, E MILÚ TAMÉN
O 10 de Xaneiro de 1929 apareceu por primeira vez nun suplemento infantil do diario "Le Vingtième Siècle" o primeiro número de Tintín. Estaba en branco e negro e titulábase " Tintín no país dos soviets" (que entón eran os rusos). Os seus protagonistas e os aparatos e máquinas que saen nos albumes teñen historias reais moi curiosas: No album "O tesouro de Rackham o vermello" o prototipo do profesor Tornasol era en realidade un submarino americano deseñado coma un tiburón.
O mismo profesor Tornasol estaba inspirado nun científico da época chamado Auguste Picard que estableció records de altitude e inmersión.
O barco do antepasado do capitán Haddock no album "O segredo do unicornio" foi copiado do auténtico "Le brillant" construído no ano 1690.
Agora podes visitar a páxina dos enigmas do señor Tomoski e intentar descubrir a resposta ás preguntas sobre a figura de Tintín e o seu creador. Lembra que tes que deixar a túa resposta na caixa de correos da biblioteca. |
Toda a Galia está ocupada polos romanos. Toda?. Non. Unha aldea poboada por irredutibles galos resiste ainda e sempre ao invasor". O 29 de Outubro de 1959 naceu Asterix. Albert Uderzo "regálanos" aos seus lectores un novo album de historias curtas de Asterix. Agora podes visitar a páxina dos enigmas do señor Tomoski e intentar descubrir a resposta ás preguntas sobre as figuras de Asterix e Obelix e o seu creador. Lembra que tes que deixar a túa resposta na caixa de correos da biblioteca. Desde as direccións de internet sinaladas nos enigmas de Tomoski poderás enviar terxetas e felicitacións aos teus amigos por correo electrónico.
|