SERVIZOS

 

Xa temos biblioteca escolar !

Con mascota e todo!

Despois de moito tempo esperando , por fin, temos un espazo para  a nosa biblioteca escolar, onde vive a nosa mascota Catuxa.

Catuxa estivo pensando e pensando o que ía facer na biblioteca, mentras duraron as obras do cole.

 Agora xa está preparada para levar a cabo alí  un montón de actividades.

 

  

 

 

 

 

 

 

Olaaaaaa!

Pois, sí. Aquí estou! Disposta a facer que o pasedes guai do paraguai lendo!

 Que estades a dicir? Que iso non é posible? Que ler é superpesado?

Nada diso. Demostrareivolo pouco a pouco.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                                                    

 

 

 

Catuxa deixou un baúl-sorpresa na porta da biblioteca.

 

 

 

 

                  

 

 

  

Todos queren saber qué hai dentro.

 

 

 

         

        ESTA É A NOSA BIBLIOTECA

 

 

 

 

Conta con 24  postos de lectura e a mesa de xestión, onde está o ordenador para catalogar  e unha impresora.

Temos tamén un moble-hemeroteca. Onde se expoñen as revistas , e gardanse os números atrasados

 

Os libros

 Non sabemos aínda  con cantos libros contamos, porque só temos catalogados uns 400, pero pode haber outros tantos.

Para catalogar empregamos a aplicación MEIGA, proporcionada pola  Consellería de Cultura. Deste xeito a biblioteca do CEIP Graxal II, forma parte da rede de Bibliotecas Escolares de Galicia.

 

As seccións

A nosa biblioteca ten dúas seccións unha INFANTIL e outra de ADULTOS.

A sección de INFANTIL, está dividida , a súa vez en libros de ficción (literatura infantil) e libros de información. Os libros de ficción están separados por cores.  A cada cor lle corresponde un grupo de idade:

I1

PRE- LECTORES

 menos de 6 anos

I2

PRIMEIROS LECTORES

 Entre 6 e 8 anos

I3

LECTORES AUTÓNOMOS

Entre 8 e 10 anos

I4

LECTORES EXPERTOS

Máis de 10 anos

A sección de ADULTOS conta, polo de agora, con poucos libros, pero co tempo será un lugar onde pais e profesores poidan ter á súa disposición informacións do seu interese.

 

QUE FAREMOS NELA?

A biblioteca escolar é un recurso fundamental para a aprendizaxe e tamén servirá como centro de recursos  para calquera materia, e para todos os nenos do colexio desde Educación Infantil ata o último curso de Educación Primaria.

  • Desde a biblioteca  proporcionaremos un apoio constante para o ensino e a aprendizaxe.
  • A bibioteca escolar será o motor da vida cultural do centro e impulsará innovacións no campo da docencia.
  • Ensinará ós nenos e nenas  as capacidades para obter e usar unha gran diversidade de recursos e servizos.
  • Fomentará o hábito da lectura como fonte de información, aprendizaxe e lecer.

ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DELA!

 

 

 

 

Pagina nueva 1