| A DESPEDIDA |
|---|
![]() |
| Aquela tarde había un pouco de tristura no ambiente. O avó estaba moi serio. A avoa semellaba que se quedaba embobada e caíanlle as cousas das mans. -Avoa, eu volverei o próximo verán. Teño que volver. Sandra e mais eu plantamos unha árbore. Temos que coida-la entre os dous. -Sandra é moi simpática e alegre. -Si. Fixémonos moi amigos. Gustaríame que puidera vir comigo á cidade e poder xogar con ela tódolos días. -Verédesvos o próximo verán... -¿Estás triste, avoa, porque nos marchamos? -Si, un pouco-e ó dicilo deulle un bico a Óscar, que se emocionou. Sentiu por dentro algo raro, como unha pena. Nunca lle pasara ata agora. ¿Sentiría o mesmo ó despedirse de Sandra? Xa un pouco tarde saíu á rúa. Foi busca-la súa amiga. Falaron pouco. -¿A que hora marchas?-preguntou Sandra. -Meu pai di que ás oito da mañá... Sandra marchou cara á súa casa. Ela tamén empezaba a sabe-lo que era unha pena que nunca tivera ata o de agora. |
Contesta sen volver ler a lectura:
| Cando presiones na barra gis da pregunta, terás a resposta. |