CORAZÓN


SECUENCIA DO LATEXO DO CORAZÓN
DIÁSTOLE AURICULAR SÍSTOLE AURICULAR
DIÁSTOLE VENTRICULAR
SÍSTOLE VENTRICULAR
O sangue sen osíxeno entra na aurícula dereita, mentres que a aurícula esquerda recibe sangue osixenada. As aurículas esquerda e dereita contraense, empuxando ó sangue cara ós ventrículos relaxados Os ventrículos contraense empuxando o sangue cara os pulmóns para a súa osixenación e, a través da aorta, cara a todo o corpo.


O CORAZÓN é un músculo oco, situado no centro do torax, que bombea sangue cara a todo o corpo para levar osíxeno e alimento ás células.
Unha parede divídeo en dúas partes: dereita e esquerda. En cada parte unha válvula divídea en dúas cámaras: unha superior, chamada aurícula e outra inferior, chamada ventrículo.
O sangue osixenado que ven dos pulmóns entra no corazón, na aurícula esquerda, polas veas pulmonares; a continuación, a través do ventrículo esquerdo, dirixese pola arteria aorta a todo o corpo.
O sangue sen osíxeno que retorna de todo o corpo chega pola vea cava a aurícula dereita e, a través do ventrículo dereito, dirixese pola arteria pulmonar cara ós pulmóns para volver a ser osixenada.
En reposo, o corazón latexa entre 60 e 80 veces por minuto; durante o exercicio ou en situacións de excitación pode aumentar ata 200 latexos por minuto.