APARATO DIXESTIVO


O Aparato Dixestivo converte os alimentos en partículas tan pequenas que o sangue pódeas levar a tódalas partes do corpo.
O elemento principal é un tubo de 9 metros que se extende dende a boca ata o ano. Os alimentos masticados na boca viaxan, a través do esófago, ó estómago, onde se mezclan e se licuan antes de pasar polo duodeno, xexuno e ileo, as tres partes do intestino delgado. Aquí, os zumes que producen a vesícula biliar e o páncreas descompoñen os alimentos en partículas que pasan ó sangue.
Os alimentos non dixeridos nin absorvidos forman as feces no intestino groso e logo expúlsanse o exterior polo ano.