INSECTÍVOROS:

Os insectos son o seu principal alimento; poden comer outras cousas coma miñocas e algunhas sustancias vexetais.
O ourizo ten o corpo cuberto de pugas inseridas na pel coma si fosen alfinetes pasados de dentro cara fora de xeito que é imposible arrincalas.
É un animal nocturno que non sae do seu escondrixo ata unha ou dúas horas despois do solpor.
O ourizo é moi resistente ós velenos pois na súa dieta abundan insectos dañinos para a agricultura; come moitos cempés que non son comidos por outros depredadores por ser moi tóxicos.
O ollo das toupas é moi reducido e está cuberto pola pel. A súa visión é moi pobre, pero importante para eles xa que o vivir baixo terra advírtelles da proximidade á superficie.
Seus túneles son trampas nas que caen moitos animais; deste xeito os toupos pódense alimentar simplemente recorréndoos, o que fan cada tres ou catro horas.