MARSUPIAIS:

Nacen coma unha diminuta masa, case sen forma, branda, núa.
As femias teñen no abdome unha bolsa, formada pola pel, dentro da que se atopan as mamas e na que se protexen as crias.
No canguro chama a atención a diferencia de tamaño entre a parte posterior, que parece dun animal moito maior, e a cabeza que semella a dunha lebre.
Parado apóiase nos enormes pes posteriores e na cola, longa, grosa e robusta. Tranquilos andan a catro patas e cando apuran andan a saltos. Aliméntanse de herba.
Os koalas só se alimentan de follas de eucalipto.