![]() |
| ASÍ FUNCIONA O ÓRGANO DO OÍDO |
|---|
| ¿que pasa? |
|
O noso órgano da audición consta de tres partes principais: O OÍDO EXTERNO, que se compón do pabellón auricular(a orella) e un conducto de 2 cm de largo, con unhas paredes que producen cera, o CANAL ÓSEO que conduce as ondas sonoras ata o TÍMPANO. Esta membrana deixa paso ó OÍDO MEDIO. Éste está normalmente cheo de aire e, para que a presión no interior sexa parecida a atmosférica, comunícase coa garganta pola chamada "trompa de Eustaquio". Nesta zona temos unha cadea de tres osos minúsculos - martelo, iunque e estribo- que se encarga de transmitir as vibracións sonoras ata a membrana da ventana oval. Estes osiños tamén protexen o oído dos ruidos fortes. A VENTANA OVAL é a porta de entrada ó OÍDO INTERNO. Éste ten forma de cuncha de caracol de dúas voltas e media. Está cheo dun líquido denso, a endolinfa, que comparte cos canales semicirculares, estructuras responsables do equilibrio. Na ventana oval encaixa o estribo, que funciona coma un pistón e move os líquidos do oído interno para facer vibrar ás células ciliadas. Estas transforman as vibracións en impulsos eléctricos que son transmitidos ó cerebro polos nervios auditivos. |