![]() |
Completa cada frase co nome
que corresponda:
(Fai
"click" no botón gris para comprobar a túa resposta)
O número 1 señala a
O número 2 señala o
O número 3 señala a
O número 4 señala o
O número 5 señala a
O número 6 señala o
| ASÍ FUNCIONA O ÓRGANO DA VISIÓN |
|---|
| ¿que pasa? |
|
Protexidos por unhas cavidades óseas chamadas órbitas, os ollos son un par de canicas blancas cheas de
xelatina de 2,5 cm de diámetro e 8 gr de peso. Os ollos axustan en todo momento a cantidade de luz que deixan entrar, enfocan os obxectos cercanos e lexanos e producen imaxes contínuas que son transmitidas de xeito inmediato ó cerebro a través do nervio óptico. Os raios de luz "reflexados" polo motivo que observamos entran pola CÓRNEA, cúpula transparente situada na superficie ocular. Ésta, xunto co humor acuoso, forma unha lente que "refracta" a luz que chega, a cual atravesa a PUPILA , un orificio rodeado polo IRIS , que se contrae ou dilata en resposta a intensidade da luz. A luz "refractada" atravesa logo o CRISTALINO, unha segunda lente flexible e transparente que "enfoca" de xeito preciso o obxecto. Feito esto, a luz sigue súa viaxe por unha cámara chea dunha sustancia xelatinosa, o "humor vítreo", e alcanza a RETINA, un tecido tan delgado coma un papel de seda, onde a información luminosa se transforma en sinais eléctricas que viaxan polo NERVIO ÓPTICO ata os centros da visión no CEREBRO. |
![]() |
Os músculos do IRIS determinan o diámetro da PUPILA, o orificio polo que pasa a luz. En sitios moi iluminados, o diámetro da pupila péchase para deixar un oco de 1 a 2 mm, mentras que na oscuridade dilátase ata os 8 mm de diámetro. | |
![]() |
VISIÓN CORRECTA: No ollo normal, os raios de luz enfócanse sobre a retina, gracias a correcta curvatura da córnea e a precisa lonxitude do globo ocular. | |
![]() |
|
¿En cal dos dous lados ves a letra E mellor?. Se vela letra E mellor no lado vermello, pode ser que teñas MIOPIA; se a ves mellor no lado verde pode ser que sexas HIPERMÉTROPE. Se a ves igual dos dous lados, tal vez non teñas ningún problema. |
![]() |
MIOPIA: Cando o ollo é máis longo do debido ou a córnea está demasiado curvada, os raios "focalízanse" nun punto situado diante da retina. Os miopes ven ben de cerca e borroso ó lexos. | |
![]() |
HIPERMETROPIA: Preséntase en ollos de pequeno tamaño nos que a imaxe se forma detrás da retina. Os afectados ven mal de cerca. | |
![]() |
ASTIGMATISMO: Aparece cando a córnea non é esférica. Esto provoca que a imaxen apareza deformada. | |