A PANDA
¿que pasa?
Non hai moito tempo, nun dos barrios máis antigos de Barcelona, había unha panda.
O xefe era un rapaz moi espelido de dez anos que se chamaba Jordi, pero a quen todos chamaban Tanet.
O segundo chamábase Quim, pero como era moi sabichón e todo o argallaba,
chamábanlle Fleming, o nome dun sabio moi coñecido en todo o mundo.
Despois viña o Juli. O Juli non tiña alcume ningún: era un rapaz máis ben alto, con lentes, e gustáballe moito escribir e estudiar.
Outro chamábase Manel.O Manel tiña azougue, era valente coma ninguén,
pero...abondo atolado, e estragábao todo. E andaba sempre feito un baldrogas.
E outro era o Josep, pero como era bochudo e redondiño, chamábanlle
Garavanzo. O Garavanzo non era o que se di moi valente, pero si moi espelido, e cando o Fleming inventaba cousas, o Garavanzo era o seu mellor axudante.
O pequeno da panda tamén se chamaba Josep, pero chamábanlle Pitus.
Un día o Pitus caeu enfermo dunha doenza moi grave. Os médicos dixeron que só o podería curar un médico sueco. Pero na casa do Pitus eran moi pobres, e a viaxe a Suecia moi cara.
Cando no barrio se coñeceu a doenza do Pitus toda a xente acordou que habería que facer algo para recoller cartos. Fixéronse rifas, e tamén un festival...
Así, pouco a pouco, o peto para a viaxe do Pitus íase enchendo.
¿que pasa?



Escribe ó lado do nome dos rapaces da panda os adxectivos que aparecen no texto.





















Cando presiones o botón gris do nome, terás a resposta