PINNÍPEDOS:
Carnívoros mariños coas extremidades rematadas en forma de aletas propias para a natación. A cola moi curta.
Son animais mariños que cando saen da auga móvense con dificultade.
Comen grandes cantidades de peixes, crustáceos e moluscos.
Divídense en tres familias:

* Focas con orellas(elefante mariño, oso mariño, león mariño): na terra andan erguéndose sobre os catro membros en vez de arrastrarse. Os machos son ata cinco veces mais grandes cas femias. Deboran peixes, podendo chegar a 100 Kg diarios.

* Morsas: de enorme tamaño, poden pesar máis de 1000Kg. Teñen uns enormes cairos superiores que chegan a medir ata 80 cm.
Aliméntanse de moluscos.

* Focas sen orellas e con extremidades que non sirven para andar.
Nada con tanta axilidade coma un golfiño e persigue ós peixes sen descanso.
No inverno pasa moito tempo debaixo do xeo, pero sempre ten un burato aberto nel para sair a respirar.