QUIRÓPTEROS:
Quiróptero significa "con ás nas mans": teñen as falanxes da man moi prolongadas e, entre elas as patas posteriores e a cola
sosteñen unha ténue membrana que forma a á que lles permite voar como ningún outro mamífero é capaz de facer.
Tódolos morcegos teñen costumes nocturnas. Pasan o día descansando, colgados de calquera parte coas garras dos pes
e envoltos na membrana que fai de á. No inverno retíranse a covas ou lugares escuros e abrigados e alí pasan a maioría do tempo durmidos.
Cando remata este período, as femias dan a luz un fillo case sempre, nunca máis de dous.