| VERBOS Non hai tempos compostos na conxugación dos verbos galegos Fíxate nas formas destes verbos regulares, modelos de cada conxugación. Comproba o que aprendes facendo os exercicios que aparecen no fondo desta páxina. |
||
| 1ª Conxugación | 2ª Conxugación | 3ª Conxugación |
| ANDAR | VARRER | PARTIR |
| INDICATIVO O modo da realidade |
||
| PRESENTE: a acción que presenta
ocorre no mesmo momento en que se fala: |
||
|
ando andas anda andamos andades andan |
varro varres varre varremos varredes varren |
parto partes parte partimos partides parten |
| PRET.IMPERFECTO(copretérito): sinala a coincidencia da acción cun momento do pasado: |
||
|
andaba andabas andaba andabamos andabades andaban |
varría varrías varría varriamos varriades varrían |
partía partías partía partiamos partiades partían |
| PRET.PERFECTO(pretérito): indica unha acción anterior ó momento da fala: |
||
|
andei andaches andou andamos andastes andaron |
varrín varriches varreu varremos varrestes varreron |
partín partiches partiu partimos partistes partiron |
| P.PLUSCUAMPERFECTO(antepretérito): expresa unha acción rematada no pasado, anterior a outra tamén pasada: |
||
|
andara andaras andara andaramos andarades andaran |
varrera varreras varrera varreramos varrerades varreran |
partira partiras partira partiramos partirades partiran |
| FUTURO: expresa un acontecemento que vai vir con posterioridade ó momento presente: |
||
|
andarei andarás andará andaremos andaredes andarán |
varrerei varrerás varrerá varreremos varreredes varrerán |
partirei partirás partirá partiremos partiredes partirán |
| FUT.HIPOTÉTICO(pospretérito): serve para indicar un tempo futuro a partir dun momento do pasado: |
||
|
andaría andarías andaría andariamos andariades andarían |
varrería varrerías varrería varreriamos varreriades varrerían |
partiría partirías partiría partiriamos partiriades partirían |
| SUBXUNTIVO O modo da irrealidade, do desexable, do posible, ... |
||
| PRESENTE: | ||
|
ande andes ande andemos andedes anden |
varra varras varra varramos varrades varran |
parta partas parta partamos partades partan |
| PRET.IMPERFECTO: | ||
|
andase andases andase andásemos andásedes andasen |
varrese varreses varrese varrésemos varrésedes varresen |
partise partises partise partísemos partísedes partisen |
| IMPERATIVO O modo das ordes, recomendacións, ... |
||
|
anda andade |
varre varrede |
parte partide |
| INFINITIVO CONXUGADO Emprégase cando o infinitivo ten suxeito propio distinto do que leva o verbo principal: "Pasou iso por andaren coma tolos" |
||
|
andar andares andar andarmos andardes andaren |
varrer varreres varrer varrermos varrerdes varreren |
partir partires partir partirmos partirdes partiren |
| FORMAS NOMINAIS | ||
| INFINITIVO: | ||
| andar | varrer | partir |
| XERUNDIO: | ||
| andando | varrendo | partindo |
| PARTICIPIO: | ||
| andado | varrido | partido |