VERBOS EN GALEGO
OS VERBOS EN GALEGO
Non hai tempos compostos na conxugación dos verbos galegos
1ª Conxugación 2ª Conxugación 3ª Conxugación
ANDAR VARRER PARTIR
INDICATIVO
O modo da realidade
PRESENTE: a acción que presenta ocorre no mesmo momento en que se fala:
"Varro a escaleira e axiña xogamos"
ando
andas
anda
andamos
andades
andan
varro
varres
varre
varremos
varredes
varren
parto
partes
parte
partimos
partides
parten
COPRETÉRITO: sinala a coincidencia da acción cun momento do pasado:
"Daquela comiamos moita froita"
andaba
andabas
andaba
andabamos
andabades
andaban
varría
varrías
varría
varriamos
varriades
varrían
partía
partías
partía
partiamos
partiades
partían
PRETÉRITO: indica unha acción anterior ó momento da fala:
"Hai dous días que andei pola praia"
andei
andaches
andou
andamos
andastes
andaron
varrín
varriches
varreu
varremos
varrestes
varreron
partín
partiches
partiu
partimos
partistes
partiron
ANTEPRETÉRITO: expresa unha acción rematada no pasado, anterior a outra tamén pasada:
"Cando falei contigo, xa varrera a escaleira"
andara
andaras
andara
andaramos
andarades
andaran
varrera
varreras
varrera
varreramos
varrerades
varreran
partira
partiras
partira
partiramos
partirades
partiran
FUTURO: expresa un acontecemento que vai vir con posterioridade ó momento presente:
"Mañá collerei as miñas cousas"
andarei
andarás
andará
andaremos
andaredes
andarán
varrerei
varrerás
varrerá
varreremos
varreredes
varrerán
partirei
partirás
partirá
partiremos
partiredes
partirán
POSPRETÉRITO: serve para indicar un tempo futuro a partir dun momento do pasado:
"Avisou que chegarían onte a iso das cinco"
andaría
andarías
andaría
andariamos
andariades
andarían
varrería
varrerías
varrería
varreriamos
varreriades
varrerían
partiría
partirías
partiría
partiriamos
partiriades
partirían
SUBXUNTIVO
O modo da irrealidade, do desexable, do posible, ...
PRESENTE:
ande
andes
ande
andemos
andedes
anden
varra
varras
varra
varramos
varrades
varran
parta
partas
parta
partamos
partades
partan
PRETÉRITO:
andase
andases
andase
andásemos
andásedes
andasen
varrese
varreses
varrese
varrésemos
varrésedes
varresen
partise
partises
partise
partísemos
partísedes
partisen
FUTURO:
andar
andares
andar
andarmos
andardes
andaren
varrer
varreres
varrer
varrermos
varrerdes
varreren
partir
partires
partir
partirmos
partirdes
partiren
IMPERATIVO
O modo das ordes, recomendacións, ...
anda
andade
varre
varrede
parte
partide
INFINITIVO CONXUGADO
Emprégase cando o infinitivo ten suxeito propio distinto do que leva o verbo principal:
"Pasou iso por andaren coma tolos"
andar
andares
andar
andarmos
andardes
andaren
varrer
varreres
varrer
varrermos
varrerdes
varreren
partir
partires
partir
partirmos
partirdes
partiren
FORMAS NOMINAIS
INFINITIVO:
andar varrer partir
XERUNDIO:
andando varrendo partindo
PARTICIPIO:
andado varrido partido