![]() ![]()
![]()
|
|
|
Últimas novas INICIO CURSO ESCOLAR 2011 - 2012 O vindeiro luns,12 de setembro, inícianse as clases coa presentación de alumnos no seguinte horario: - As 10 h .- 3º Ciclo de Primaria (5º e 6º) - As 10,45 h .- 2 º Ciclo de Primaria (3º e 4º) - As 11,30 h .- 1º Ciclo de Primaria (1º e 2º) - As 12 h .- Educación Infantil. Unha vez rematada a presentación os alumnos voltarán aos seus domicilios. É importante que os nenos veñan acompañados polos seus pais,nais....
CONCESIÓN DO PROXECTO ABALAR Ao CEIP Menéndez Pelayo adxudicóuselle o Proxecto Abalar para a implantación das novas tecnoloxias (TIC) para o curso 2011-2012.Este proxecto iniciarase este curso en quinto de primaria e o vindeiro en sexto.
Bolsas Escolares para Infantil Desde a Concellería de Educación do Concello de Lugo, comuinican que no mes de xullo, aproximadamente na segunda semana, procederáse á convocatoria de bolsas escolares de axuda para Educación Infantil para o curso escolar 2011-2012.
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO Solicitudes e información sobre a documentación necesaria na dirección do Centro ENTREGA VALES PARA LIBROS DE TEXTO CURSO 2011-2012 Os vales entregaranse os días 4,5 e 6 de xullo de 2011 en horario de 10 a 13,30.Os vales que non sexan recollidos nestas datas serán entregados a partir do 1 de setembro.Para recoller o vale e imprescindible a presenza do pai,nai ou titor legal ao obxecto de asinar o recibín do vale ENTREGA CUALIFICACIÓNS Ás notas entregaranse o día 22 de xuño de 2011 ás 13,40 horas nas aulas.Os pais, náis ou titores legais poden acceder ás aulas a esa hora ENTREGA DOCUMENTACIÓN ALUMNOS DE 6º A e B Os alumnos de 6º recollerán a documentación para entregar no IES no que se matriculen o día 28 ás 12,30 horas na súa aula.Poden ser acompañados polo pai,nai ou titor. PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA ESCOLAR Ao CEIP Menéndez Pelayo adxudicóuselle o Plan de mellora da biblioteca escolar para o curso 2011-2012. ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO ALUMNOS DE PRIMARIA Dende o día 1 ata o 30 de xuño de 2011 poden solicitar axudas para a adquisición de libros de texto para alumnos de primaria. Máis información na secretaría do Centro. INICIO CURSO ESCOLAR 2010 - 2011 O vindeiro venres,10 de setembro, inícianse as clases coa presentación de alumnos no seguinte horario: - As 10 h .- 3º Ciclo de Primaria (5º e 6º) - As 10,45 h .- 2 º Ciclo de Primaria (3º e 4º) - As 11,30 h .- 1º Ciclo de Primaria (1º e 2º) - As 12 h .- Educación Infantil. -------------------------- NOTA INFORMATIVA CURSO 2010-2011 Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto que cambian de idioma para os alumnos de 3º e 4º de primaria Requisitos
Lugar e prazo de presentación 1. As solicitudes, segundo o anexo I á presente orde, entregaranse nos centros docentes nos que estea matriculado o alumnado. Presentarase unha solicitude por alumno/a matriculado/a, polo que se un solicitante ten varios fillos matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude por cada un deles. 2. As axudas serán solicitadas polos pais, as nais, os titores ou os representantes legais do alumnado. 3. O prazo de presentación de instancias será do 1 ao 30 setembro de 2010, ambos inclusive. Contías das axudas
--------------------------------
CONSTITUIDO O V GOBERNO MUNICIPAL INFANTIL Para ler a noticia pincha aqui.
DÍA : XOVES 3 DE NOVEMBRO DE 2006 HORA : 12,10 h. Si o tempo o permite a degustación de castañas farase no patio superior, de non ser posible utilizarase a pista cuberta. Cada alumno virá provisto dun cucurucho para recoller as castañas. Cada clase baixará ó patio a súa papeleira para evitar, na medida do posible, que se ensucien as instalacións. As castañas serán repartidas polos profesores colaboradores e os alumnos de sexto. A festa remata ás 13,50 horas.
Alumnos do Menéndez Pelayo preguntan ó Alcalde de Lugo Para ver as fotos pincha aqui. Os alumnos Yolanda Vales, Simón Cuba,Iziar e Venus entrevistaron ó Alcalde de lugo, Xosé López Orozco,nos micrófonos da emisora Punto Radio FM. A entrevista foi emitida o lúns 6 de marzo ás 19,30 horas. Almorzos saudables Para ver as fotos pincha aqui. Os días 7 e 8 de febreiro de 2006 celebráronse na biblioteca do centro os almorzos saudables por iniciativa e co patrocinio do Concello de Lugo. Ademáis de almorzar dun xeito saudable os alumnos recibiron da concelleira de Participación Ciudadá, Servicios Xerais e Sanidade Dª Luisa Zarzuela o primeiro videoxogo de Cunquín, que fai fincapé na necesidade de aprender a almorzar dunha forma equilibrada e saudable. Toman posesión os membros do III Goberno Infantil 2005-2006 Para ver as fotos pincha aqui.
Constituído o III Goberno Infantil
| |