gif animado dun barco veleiro Barquiño de plastilina

Este curso para festexar a festividade do día do pai  o 19 de Marzo, os alumnos  de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos elaboramos un barco de plastilina. Levou moito traballo e puxemos todo o noso esforzo, pero o resultado mereceu a pena porque quedaron moi bonitos.

¿  ¿Cómo o fixemos?.

     Pasos a seguir:

Facendo o casco do barco cunha bola de plastilina 1.-Facemos unha bola coa plastilina e modelamos ata que conseguimos unha forma semellante o casco de barco.Tamén facemos un churro e unha bola que colocaremos no interior. Facendo o casco do barco cunha bola de plastilina
2.-De seguido, para decorar o exterior do barco faremos un churro longo,que cubra  toda a superficie de fóra. Nena facendo un "churro" de plastilina para decorar o barco.

3.-Seguimos decorando e  colocamos dous botóns enriba da tira.

Pegando botóns no barco e na vela

Barco coa vela decorada con botóns

5.-Para realiza-la vela imos cortar un cadrado nun folio branco e dobramos á metade. Decoramos a vela con gomets de cores. Pegámoslle o mástil á vela ( un pau pequeno) e cravamos o mástil no interior do barco.

Colocando a vela nun barco de cor verde

Colocando a vela nun barco de cor rosa.

6.-Para rematar , atamos o áncora ó mástil.

 

Varios barcos xa rematados

Un barco xa rematdo con áncora e todo

Listo para regalar

Os barcos están envoltos con celofán para servir de agasallo.

gif asnimado dun barco de vela navegando

tódolos barcos listos para ser regalados