|
RADIO ESCOLAR SANGUIÑEDA |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Axiña estaremos de aniversario. Que cantos facemos?. Pois en outubro do 2012 faremos 25 anos de radio escolar. Estamos a preparar algo especial para todos vós. Seguídenos na web ou no noso blog da radio!! |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
A Radio Escolar Sanguiñeda naceu na nosa escola alá polo ano 1987. Con poucos medios pero con moita ilusión comezouse traballar para poñer en marcha un proxecto que ano tras ano non fixo máis que medrar. |
Hoxe podemos dicir que a radio é un dos pilares que nos define. A radio está presente en moitos dos momentos da xornada escolar, a música nos indica á entrada ó colexio, o tempo do recreo e tamén o intre de marchar para casa. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Tódolos días hai un programa durante o recreo, no que participan de xeito voluntario moitos dos nosos alumnos. Repártense as tarefas, uns son locutores, outros corresponsais e os demáis dirixen os controis. Ademáis ó longo do curso tódolos niveis elaboran tres ou máis programas de radio acerca dun tema que traballan e elaboran entre todos na súa aula. |
VÍDEO SOBRE A NOSA RADIO
|
Algúns dos obxectivos que dende a radio escolar estamos a traballar son: » Elaboración de programas a nivel interno no que participa todo o alumnado e o profesorado segundo o calendario que se establece máis adiante. » Programación radiofónica diaria a través da participación do alumnado que así voluntariamente o desexa. » Emisión en diferido de programas a través da nosa páxina web (ver enlace máis abaixo). |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
PARA ESCOITAR PROGRAMAS DE RADIO FEITOS POLAS DISTINTAS AULAS PREME NA IMAXE
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
PROGRAMACIÓN SEMANAL RADIO ESCOLAR SANGUIÑEDA CURSO 2011-2012
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
CALENDARIO DE PROGRAMAS DE AULA CURSO 2011-2012
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||