Tempada 2003/04

MEMORIA HISTÓRICA  

            A nosa historia comeza no ano 2001, cando a APNA do colexio Lagoas 3 decide crea-la actividade de Fútbol-Sala. José Antonio e Miguel López encabezan o proxecto e fanse cargo dos equipos alevín y prealevín respectivamente, acompañados dun monitor que no mes de Decembro abandona o colexio, momento no que se incorpora Daniel M. Davila para cubri-lo posto deste último e facéndose cargo do equipo benxamín.

             Na tempada 2002-2003 deixa o equipo por motivos persoais José Antonio e incorpórase Jorge Vaz e Manuel Prieto, quedando Miguel López co equipo alevín, Daniel co prealevín, Jorge co Benxamín e Prieto co prebenxamín. 

            Ese mesmo ano nace o Club Lagoas 3, con data de 26-11-2002, ó constituírse como asociación deportiva cunha directiva composta por Manuel Conde Pról. como Presidente, Daniel Manuel Davila Fernández como Secretario, o tesoreiro é Jorge Vaz Franco e como vocais actúan Miguel López Ruiz e Aquilino Domínguez. 

            O noso finanzamento, ata o momento, susténtase nas axudas que nos dá a Xunta e na boa vontade do colexio e da APNA, que nos aportan os fondos necesarios para comprar equipaxes para os equipos que compiten na liga escolar. 

            Deportivamente acadamos o primeiro éxito ó quedar sub-campeóns de la Copa Deputación perdendo a final co C.D. Ourense no Carballino por 3-0. 

            Na temporada seguinte 2003-2004 seguimos aumentando o número de equipos na competición, 7 en total; dous alevíns, un benxamín, dous prebenxamíns e os creados por primeira vez, un infantil e un cadete en colaboración co IES Lagoas.

            Nesa tempada cerramos o primeiro convenio de colaboración deportiva co Pabellón C.F. o que nos aporta material deportivo e un monitor, que nos permite maior independencia económica. O monitor é David Sotelo.

             É ata agora a gran tempada do noso club xa que superamos tódalas anteriores cunha inscrición de máis de 90 nenos na actividade. Asemade, deportivamente, acadamos o título de liga escolar e o subcampionato na categoría alevín. 

            No torneo escolar por excelencia ”Liceo la Paz” acadamos o título local nas categorías de prealevín e iniciación, para posteriormente nas finais autonómicas, celebradas en Santiago de Compostela, proclamarnos subcampións nas categorías de Alevín e de Iniciación.  

            E como colofón iniciamos esta nova tempada crecendo como equipo, xa que coa incorporación de José Luis Nieto e Miguel Carballo somos 7 monitores, 112 niños inscritos y 8 equipos en competición.

 

            ¿Seguiremos progresando?          ¡¡¡AUPA  LAGOAS!!!