Arriba Equipo iniciación Equipo benxamín

O domingo 21 de maio celebrouse a fase provincial deste torneo nas instalacións do pavillóns dos Remedios, Salesianos e Campo da Feira. Este ano o torneo estivo organizado polo Concello, concretamente por Mario Guede e o seu equipo, ós cales damos o noso agradecemento e os máis sinceiros parabéns polo interese amosado. Os responsables do área deportiva da Deputación parece ser que estaban moi ocupados nestas datas e non dispoñían de tempo para organizar o torneo, así se fomenta o deporte en Ourense.

Os nosos equipos volveron acadar grandes resultados, conseguindo ser campións provinciais, nas categorías de Iniciación e de benxamíns, logrando ser segundos en categoría prebenxamín. Nas categorías de alevín e prealevín fíxose un bo papel, e máxime se temos en conta que a maior parte do alumnado destas categorías estaba de excursión en Cabeza de Manzaneda.

Desde aquí felicitamos ós preto de 400 participantes do torneo pola súa contribución ó bo desenvolvemento da mesma e unha vez máis á organización polo bo traballo feito. 

Preme para ver tódalas imaxes do torneo en Ourense

 

Fotos de celebración dos dous equipos gañadores.


A fase final da zona sur non se celebrou debido a que os equipos de Pontevedra non se presentaron o que motivou que tódolos equipos de Ourense se clasificaran para a final galega.

A final galega celebrouse no colexio Liceo La Paz da Coruña o 10 de xuño e os resultados foron os seguintes:
Categoría Alevín: Non se celebrou por ausencia dos Salesianos de Ourense
Categoría Prealevín: La Salle 6 - 3 Filomena Dato
Categoría Benxamín: CEIP Mestre Vide 5 - 2 CEIP Casas de Lugo
Categoría Prebenxamín: La Salle 1 - 0 Carmelitas de Ourense
Categoría Iniciación: Mestre Vide 3 - 2 Obradoiro da Coruña

Preme nas imaxes para ve-las  crónicas do torneo

Equipo iniciación

Equipo benxamíns