Ideario Unipersoais Claustro Consello Escolar Comisións Orientación Autoprotección


No PEC do centro figuran os valores, hábitos e obxectivos que pretendemos acadar no proceso de ensinanza-aprendizaxe, e que son os seguintes:
 
VALORES HÁBITOS E OBXECTIVOS
 
VALORES CONCRETOS QUE PRIORITARIAMENTE FOMENTA O CENTRO:
 
            Defensa da liberdade de Cátedra.
            Liberdade de conciencia do alumno.
Calidade do ensino (non só como adquisición dun nivel de coñecementos)
            Desenrolo integral da persoa.
            Desperta-lo interese no alumno.
 
HÁBITOS E CONDUCTAS QUE FOMENTA
            Para logo segui-la súa aprendizaxe constante na vida:
Fomenta-la participación dos alumnos nas actividades e dinámica do Centro.
            Emprende-las iniciativas propias.
            Elabora-los criterios de actuación.
            Fomenta-lo espíritu crítico.
            Impulsa-lo razoamento.
            Interpreta-las súas propias experiencias.
Expresa-la súa propia afectividade de maneira espontánea e a súa  creatividade.
          Fomenta-la súa autoestima (valorando os seus propios traballos).
      
 
OBXECTIVOS
 
            A) XERAIS DO CENTRO:
 
                        1º.- Facer que o Colexio sexa un lugar propicio para o desenrolo das aptitudes dos alumnos e da súa formación en valores, ó mesmo que se procura acadar un clima saudable.
                     2º.- Favorece-la integración dos alumnos con NEE, concienciando a tódala Comunidade Educativa da necesidade de respectar este dereito de tódolos alumnos.Utilizando fórmulas que potencien a colaboración, cooperación e respeto ás diferencias.
                   3º.- Educar ós alumnos no valor da Sensibilidade:
-                            con relación a se mesmo.
-                            con relación ós demais.
-                            con relación ó medio.
                    4º.- Mellora-la disciplina no ámbito académico, lúdico e social.
                         
 
            B) XERAIS DAS DIFERENTES ETAPAS:
 
EDUCACION INFANTIL
 
            Desenrolar nos nenos e nenas, a sensibilidade en tódolos ámbitos da súa vida.
 
 
PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA
 
1.- Adquirir confianza nas propias habilidades e acepta-las limitacións derivadas das caracteristicas físicas, da personalidade... aceptando e respetando as diferentes razas, relixións, culturas, etc...
 
 2.- Adquirir hábitos de orde, limpeza e conservación do seu entorno habitual, así como descubri-las necesidades do coidado do Medio Ambiente.
 
3.- Aprecia-la importancia dos valores básicos que rexen a vida e a convivencia.
 
4.- Comprender e producir mensaxes para poder comunicarse a través de medios de expresión verbal, corporal, visual, plástica, musical e matemática.
5.- Desenrolar a sensibilidade ante calquera discriminación baseada en diferencias de raza, sexo, clase social, crenzas e outras características individuais e sociais.
 
SEGUNDO CICLO DE PRIMARIA
 
1.- Insistir na disciplina.
 
2.- Educar no valor da sensibilidade, aproveitando calquera ocasión que xurda durante a xornada escolar.
 
 
TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA
 
1.- Conseguir que os nosos alumnos medren en responsabilidade, autonomía e espíritu crítico dacordo coa súa personalidade.
 
2.-  Acadar unha firme consolidación das destrezas mecánicas e instrumentais, así como das actitudes e hábitos acadados en anos anteriores para asegura-las aprendizaxes que permitan promocionar ós estudios posteriores.
 
3.- Realiza-las actividades tendo en conta os aspectos relacionados coa interdisciplinaridade e transversalidade reflexadas no currículo de ED. PRIMARIA.
 
EDUCACIÓN ESPECIAL
 
1.- Nos nenos con problemas de autismo, lograr unha mellor comunicación e conexión coas situacións da realidade, para así favorece-la súa integración.
 
2.- Nos nenos que siguen os programas dos cursos en que están integrados, lograr na medida que sexa posible, os obxectivos correspondentes ós seus niveis.
 
 
AUDICIÓN E LINGUAXE
 
1.- Lograr unha correcta articulación de tódolos fonemas.
 
2.- Repetir frases ben estructuradas articulando correctamente e despois inventadas por el/ela, e ditas seguindo unha orde.
 
3.- Logra-la automatización dos fonemas reeducados para que os use de forma correcta, na lectura e na linguaxe espontánea.
 
4.- Conseguir unha respiración e articulación na lectura e na linguaxe oral.