![]() |
![]() |
Chámome "O Cantel", ou polo menos, é o nome que me dan dende hai uns anos, debido á zona onde medrei. |
|
Se
queres saber un pouco da miña vida, vouche contar que nacín
en setembro de 1992 e daquela, tiña ó meu coidado a 18 profesores
e uns 326 rapaces de E.X.B., aínda que dende o curso 98-99, só
teño nenos de Infantil e Primaria. Foi un ano difícil para todos. Case tódolos nenos viñan dende as parroquias e, ¡pobriños!, eran "transportados" ata mín; pero,... en que condicións chegaban ás miñas portas... Así que, mellor que vos conte un pouco máis polo miúdo algunha das cousas que tivemos que padecer naqueles primeiros meses despois do meu nacemento. |
|||
A
rúa pola que tiñan que chega-los meus nenos (se me permitides,
eu voulles chamar "os meus pícaros), mestres, pais,... máis
que unha rúa, parecía unha corredoira, toda enlamada e chea
de atrancos. ¡Xa vos podedes imaxinar o panorama! : o transporte
deixaba ós nenos na Rúa Corporacións; tivemos só
xornada de mañá durante un tempo porque a cisterna de propano
non podía chegar ata mín para traerme a bebida que facía
funciona-la miña cociña e quenta-los meus radiadores. ¡Eu
morría de frío! pero non podíamos permitir que os
meus pícaros morreran de fame e de frío tamén. ¡E cando chovía...! Cando chovía, aquelo era "O acabouse". Para que vos deades conta, un día de moita, moita, moita choiva, quedei illado con toda a miña xente dentro. ¡Volvíanme tolo! ¡Aqueles pícaros cos seus berros e asubíos luxando e pateando as miñas relucentes baldosas! Ata que ¡por fin! alguén tivo a xenial idea de saca-los meus pobriños de alí en varios coches deses todoterreo que lles chaman "Land-Rover".¡Aiiii..., que tranquiliño quedeiiiiii...! Como isto non podía seguir así, houbo que poñerse duro. Entón, un grupo de boa xente púxose a cavilar... e dicidiron organizar unha cousa que creo que se chama "Folga" para pedir que, dunha vez, se melloraran os meus accesos. ¡Por fín! As obras leváronse a cabo e todo comezou a funcionar con normalidade. Agora, eu estou tranquilo, feliz, espléndido... ¡Vide, vide, a verme á miña páxina! ¿Que, verdade que estou guapo? |
|||